Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/03/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 051 venres, 1 de marzo de 2019

BOP de Lugo
Con fundamento nas previsións recollidas especificamente nos apartados 1 e 2 do artigo 23 da Lei 39/2015, de 1
de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que prevé o seguinte:
Excepcionalmente, cando se haxan esgotado os medios persoais e materiais dispoñibles aos que se refire o apartado 5 do artigo 21, o órgano competente para resolver, a proposta, no seu caso, do órgano instrutor o superior xerárquico do órgano competente para resolver, poderá acordar de maneira motivada a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación, non podendo ser este superior ao establecido para a tramitación do procedemento.
Contra o acordo que resolva sobre a ampliación de prazos, que deberá ser notificado aos interesados, non caberá recurso algún.
Tendo en conta igualmente as consecuencias da resolución extemporánea do expediente de provisión de postos referido, atendendo ao establecido no artigo 25.1, apartado a da xa citada Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que, nesta materia, prevé o seguinte:
1. Nos procedementos iniciados de oficio, o vencemento do prazo máximo establecido sen que se haxa ditado e notificado resolución expresa non exime á Administración do cumprimento da obriga legal de resolver, producindo os seguintes efectos:
No caso dos procedementos dos que puidera derivarse o recoñecemento ou, no seu caso, a constitución de dereitos ou outras situacións xurídicas favorables, os interesados que houberen comparecido poderán entender desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo.
.

Este tipo de situacións de ampliación de prazos para a tramitación e resolución de expedientes administrativos, de carácter excepcional, para impedir o incumprimento do prazo máximo de resolución e os consecuentes prexuízos aos interesados, foi obxecto de análise pola Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo que ten sido recollida en Sentenzas de 29 de novembro do 2012, Rec. 5512/2011; e de 30 de xaneiro de 2013, Rec. 6753/2009.
Igualmente a xurisprudencia ten considerado que non existe inconveniente de aplicar ao prazo máximo para resolver a posibilidade xenérica de ampliación de prazos contemplada na Lei de procedemento administrativo común, nos termos da redacción da anterior Lei de Procedemento Administrativo Común art. 42.6 da Lei 30/1992, de 26 de novembro que é coincidente coa redacción do artigo 23 da vixente Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; como se recolle en diversas sentenzas da Sala do ContenciosoAdministrativo do Tribunal Supremo STS de 18 de outubro de 2006 e de 20 de marzo de 2007.
Coa finalidade de posibilitar que o expediente sexa finalmente resolto, sen que se produzan consecuencias que poidan prexudicar as lexítimas expectativas dos aspirantes do expediente de provisión de postos de traballo que se está a tramitar, sen que a resolución extemporánea supoña a desestimación das solicitudes de participación dos aspirantes presentados.
Tendo en conta canto antecede, este Deputado Delegado de Goberno Interior, Asuntos Xerais e Formación, propón que, en uso das atribucións que lle confire o artigo 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, a Xunta de Goberno, de estimalo oportuno, adopte o seguinte acordo:
1º.- Ampliar por outros dous meses do prazo inicialmente establecido nas bases da convocatoria base 10 para resolver o concurso de provisión de determinados postos de traballo singularizados da Entidade Provincial por funcionarios de carreira, aprobado por Acordo deste órgano, de data 19 de outubro de 2018 BOP nº 257, do venres 9 de novembro do 2018, con fundamento na acumulación de expedientes e a insuficiencia dos medios humanos dispoñibles, xa descritos no corpo desta proposta de resolución.
2º.- Ordenar que, para xeral coñecemento e, especificamente, a efectos de notificar aos interesados está resolución de ampliación do prazo en dous meses para a terminación do expediente de provisión referido e para ditar a pertinente resolución e practicar a notificación correspondente, o anuncio deste Acordo sexa publicado no BOP, no taboleiro de edictos da Deputación provincial de Lugo e na páxina web corporativa, conforme ás previsións que se conteñen no artigo 45.1, apartado b da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, coa expresa advertencia de que contra esta decisión non cabe recurso algún, conforme ás previsións recollidas no artigo 23.2 da precitada norma.
A Xunta de Goberno, por unanimidade dos asistentes, acorda prestar aprobación á proposta presentada e anteriormente transcrita.
O que se da publicidade en cumprimento do Art. 45 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, coa indicación de que contra o presente acordo non cabe recurso algún.
Pazo Provincial, a 28 de febreiro de 2019; A SECRETARIA XERAL, María Esther Álvarez Martínez.
R. 0621

Anuncio publicado en: Num BOP 51 año 2019 28/02/2019 14:15:18
01/03/2019 08:00:00

Visto o informe do Servizo de Recursos Humanos, sobre este asunto, que a respecto desta cuestión sinala:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/03/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha01/03/2019

Nro. de páginas51

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31