Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm.084 martes, 14 de abril de 2020

BOP Lugo
Liña 2:
As persoas solicitantes deberán terán que estar empadroadas no municipio.
A esta liña poderán optar os autónomos e os traballadores por conta allea que experimentaran unha merma nos seus ingresos a consecuencia de ser incluídos nun ERTE, ou tido necesidade de solicitar excedencia ou redución de xornada para a atención de fillos menores de 12 anos aos que lles tivera afectado o peche dos centros educativos con motivo da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.
O Concello outorgará unha contía fixa de 100 €, que se incrementará a 150€ se foran 2 fillos a cargo ou a 175 €
se foran 3 ou máis fillos a cargo.
Quinto. Prazo de presentación de instancias.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP.
Sexto. Réxime de minimis.
As presentes axudas quedan suxeitas ao Regulamento UE nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis DOUE do 24.12.2013, L352/1. A contía total das axudas de minimis concedidas a unha empresa non poderá exceder os 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.
Sétimo. Procedemento de concesión.

Oitavo. Forma de presentación.
O modelo de solicitude normalizado para a obtención das subvencións reguladas na presente convocatoria estará dispoñible na web municipal www.concellodelugo.gal. As solicitudes, que deberán dirixirse ao Servizo de Desenvolvemento Local Sostible, presentaranse por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Lugo accesible a través do enlace https www.lugo.gal, utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede, ou polo Sistema de intercambio rexistral dispoñible a través do enlace https rec.redsara.es/registro/, indicando no campo Solicita o texto Axudas Covid-19. Servizo de Desenvolvemento local e xuntando o modelo normalizado.
Lugo, 8 de abril de 2020.- A Alcaldesa, Dona Lara Méndez López.
R. 0721

AS NOGAIS
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data o día 02 de abril de 2020, aprobouse o Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente ao mes de marzo 2020, o que se notifica aos efectos do seu coñecemento e se indica que, de conformidade co Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, os prazos para presentación de recursos correspondentes están suspendidos. Unha vez perda vixencia dita suspensión, iniciarase o período de exposición ao público polo prazo de 15 días contados a partir do día seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
As Nogais, 3 de abril de 2020.- O Alcalde, Jesús Manuel Núñez Díaz.
R. 0707

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 84 año 2020 14/04/2020
09/04/2020 08:00:00
14:02:13

A concesión da subvención efectuarase en réxime de concorrencia competitiva, establecéndose como criterio de valoración a data e hora de entrada que figuren rexistradas na solicitude, reunindo a totalidade de requisitos e documentación requirida na convocatoria. En caso de non presentar a solicitude coa documentación completa, considerarase como data de Rexistro de Entrada a da última presentación de documentación relativa á devandita solicitude. A concesión de axudas efectuarase ata esgotar o crédito dispoñible destinado a atender as mesmas nese momento.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/04/2020

Page count3

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930