Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 22 DE ABRIL DE 2020

N.º 091

CONCELLOS
O INCIO
Anuncio Elevado a definitivo, por non terse presentado reclamacións durante o prazo de exposición ao público, o acordo do Concello Pleno, adoptado en sesión de data 30 de xaneiro de 2020, de aprobación provisional do expediente de modificación da Ordenanza fiscal reguladora da Taxa por recollida de lixo.
De conformidade co disposto no art. 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, faise público o texto íntegro da ordenanza fiscal, sin que ésta entre en vigor ata que se teña feito a dita publicación.
Contra as ordenanzas fiscais poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos termos establecidos no art. 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
O Incio, na data da sinatura. O ALCALDE, Hector M. Corujo González
Artigo 1º.- Fundamento natureza.
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 26 e 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de de marzo, este Concello establece a Taxa polo servizo de recollida domiciliaria de lixo, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2º.- Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servizo de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliaria e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos.
2.- A tal efecto, considérase lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos, os restos e desperdicios de alimentación ou detritus procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas, e se excluen de tal concepto os residuos de tipo industrial, cascotes de obras, detritus humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou cuxa recollida ou vertedura esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
3.- Non está suxeita á Tasa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servizos:
a Recollida de lixo e residuos non calificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
b Recollida de escorias e cinzas de calefaccións centrais.
c Recollida de cascotes de obras.
Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4
da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais ubicados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso, de precario.
2. Terá a consideración de suxeito pasivo sustituto do contribuinte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios de aquélas, beneficiarios do servizo.
Artigo 4º.- Responsables 1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 35.5 e 41 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Anuncio publicado en: Num BOP 91 año 2020 22/04/2020
21/04/2020 08:00:00
12:34:33

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/04/2020

Page count4

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930