Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 20 DE ABRIL DE 2020

N.º 089

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS
Anuncio ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO DE DATA 13 DE MARZO DE 2020
NO QUE SE APROBA AS BASES XERAIS QUE REXERÁN OS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS PARA CURIR PRAZAS
DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL RESERVADAS A PROMOCIÓN INTERNA VERTICAL E/OU
HORIZONTAL NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

As Ofertas de Emprego Público da Deputación Provincial de Lugo correspondentes ós anos 2017, 2018 e 2019
conteñen diferentes prazas vacantes dotadas, reservadas a promoción interna, que neste momento aínda non foron provistadas, xa que están pendentes de tramitar os correspondentes procesos selectivos. Os procesos de promoción interna realizados ata a data rexéronse polas Bases Xerais aprobadas na Xunta de Goberno de 4 de novembro de 2016, publicadas no BOP de 9 de decembro de 2016.
A implantación da administración electrónica require cambios na configuración das bases xerais respecto á articulación dos trámites a realizar co obxectivo de facilitar ós interesados a participación nos procesos selectivos correspondentes e que estes poidan relacionarse con esta Administración por medios electrónicos.
Por outra banda, revisado o baremo de méritos polo que se rexe a fase de concurso, considérase axeitado adecualo ó novo réxime de titulacións e, mesmo, ás variacións que se teñen producido na formación non regrada ó tempo que implementar a súa valoración conxunta, potenciando os aspectos referidos á valoración do traballo desenvolvido, elemento central na carreira profesional dos empregados públicos.
Constatándose a necesidade de cobertura de prazas reservadas a persoal funcionario e laboral, a Xunta de Goberno ACORDA:
Aprobar as bases que rexerán os procedementos selectivos para cubrir prazas do cadro de persoal funcionario e laboral, reservadas a promoción interna vertical e/ou horizontal na Deputación Provincial de Lugo.
BASES XERAIS PARA CUBRIR PRAZAS DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL, RESERVADAS A
PROMOCIÓN INTERNA VERTICAL E/OU HORIZONTAL NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

OBXECTO DAS PRESENTES BASES XERAIS.

As presentes bases xerais teñen por obxecto establecer o procedemento xeral que rexerá a selección de persoal para prover as prazas de persoal funcionario e laboral que, estando vacantes no cadro de persoal funcionario ou laboral da Deputación Provincial e con dotación orzamentaria, estean reservadas a promoción interna vertical e/ou horizontal.
As bases xerais serán complementadas coas bases específicas para acceso ás prazas que se convoquen.

NORMAS DE APLICACIÓN.

Aos procesos selectivos reservados a promoción interna vertical e/ou horizontal, seralles de aplicación a seguinte normativa:
- Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local;
- Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril polo que se aproba o texto refundido das Disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local;

Anuncio publicado en: Num BOP 89 año 2020 20/04/2020
16/04/2020 08:00:00
13:28:17

A xunta de goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 13 de marzo de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/04/2020

Page count29

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930