Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 11 DE ABRIL DE 2020

N.º 082

CONCELLOS
CHANTADA
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 30/03/2020 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a febreiro 2020.
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte o da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de xaneiro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28
da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Chantada, 30 de marzo de 2020.-O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
R. 0695

A PASTORIZA
Anuncio Faise público para xeral coñecemento, a Resolución da Alcaldía Presidencia do Concello da Pastoriza nº 46/2020, de data 24 de marzo de 2020, do seguinte tenor literal:
DON PRIMITIVO IGLESIAS SIERRA, Alcalde Presidente do Concello da Pastoriza Lugo, Resultando que por Decreto de data 02 de xullo de 2019 da Alcaldía delegouse, en aplicación do disposto no artigo 21 e 23 da Lei 7/1985, do 2 de Abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e os artigos 43 a 45, 52, 53 e 114 a 118 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro, que aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais en diante ROF, o exercicio das competencias da Alcaldía que no citado Decreto enuméranse.
Resultando que por Real Decreto 463/2020, de data 14 de marzo, o Goberno da Nación declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Resultando que por Decreto nº 45/2020, do 16 de marzo, da Alcaldía, ditáronse normas para a adaptación ao municipio das medidas de toda índole que o goberno central e autonómico puxeron en marcha con motivo da emerxencia sanitaria.
Resultando que ditas normas teñen unha dobre vertente: externa, dirixida aos cidadáns e interna, dirixida á organización dos servizos municipais.
Considerando a figura xurídica da avocación, prevista con carácter xeral no artigo 10 da Lei 40/2017, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público en diante LRJSP e para o caso que nos ocupa no artigo 116 ROF.
Considerando os principios xerais de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados, economía, suficiencia e adecuación estrita dos medios aos fins institucionais e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, previstos no artigo 3.1 letras h, i e j LRJSP e en atención ao risco que supón a circulación e concentración humana en espazos reducidos que non sexan estritamente imprescindibles.

Anuncio publicado en: Num BOP 82 año 2020 11/04/2020
08/04/2020 08:00:00
11:37:35

A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a febreiro do 2020 terá lugar neste municipio dende o día 31 de marzo de 2020 ata o día 31 de xullo de 2020, 4 meses de prazo por mor do estado de alarma.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/04/2020

Page count3

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930