Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm.084 martes, 14 de abril de 2020

BOP Lugo
LUGO
Anuncio EXTRACTO da convocatoria das axudas do PLAN REANIMA LUGO, de impulso da actividade económica no termo municipal de Lugo, para paliar os efectos do Covid-19
BDNS Identif.: Código 502443 PLAN REANIMA LUGO
De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións http www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index, así como na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.gal.
Primeiro. Obxecto.
O obxecto da presente convocatoria é paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica no termo municipal de Lugo, outorgando liquidez ás empresas da cidade para, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.
Segundo. Crédito orzamentario.
A contía destinada a atender ás liñas destas subvencións ascende a un importe total de 5.000.000 € do vixente orzamento municipal, con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:
Liña 1.- 24100.47900 4.000.000€
Liña 2.- 24100.48900. - 1.000.000€
Terceiro. Beneficiarias.

Poderán solicitar esta subvención aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran requisitos empresas que se viron afectadas polo peche decretado do estado de alarma, ou ben non afectadas polo peche, pero que reduciron ata un 75% a súa facturación.
Liña 2.-Medidas de axuda á conciliación da vida familiar e laboral por situacións derivadas da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19:
Poderán solicitar esta subvención aquelas persoas físicas empadroadas no Concello de Lugo, traballadores nos que concorran simultaneamente as seguintes situacións:
a ser traballadores por conta allea e con alta no réxime xeral da seguridade social a data 1 de marzo de 2020, ou traballadores autónomos susceptibles de ser beneficiarios da liña 1, sempre que cumpran os requisitos sinalados b acreditar unha merma de ingresos que sexa consecuencia dun expediente de regulación temporal de emprego, ou por ter solicitado excedencia ou redución de xornada para a atención dos fillos menores de 12 anos ao seu cargo.
c ter ao seu cargo fillos menores de 12 anos afectados polo peche dos centros educativos Cuarto. Contías.
As contías serán as seguintes:
Liña 1:
No caso daquelas empresas ou autónomos, con ou sen traballadores ao seu cargo, que se viron afectadas polo peche decretado, recibirán unha cantidade fixa de 1.200 euros.
Se non pecharon, pero reduciron ata un 75% a súa facturación, a contía fixa será de 750 euros.
En ambos os dous supostos:
- Se non tramitan un ERTE, recibirán, ademais, 600 euros por traballador se a empresa ten ata 9 empregados, e de 450 euros se ten entre 10 e 49 traballadores inclusive. Os beneficiarios destas axudas comprometense a non solicitar o ERTE nos tres meses posteriores á súa concesión.
- Pola contra, se tramitan un ERTE, ademais das axudas fixas, recibirán 180 euros por traballador se a empresa ten ata 9 empregados, e de 120 euros se ten entre 10 e 49 traballadores inclusive. Neste caso, só poderán percibir as contías por traballador se a empresa acredita ter acordado con eles ou coa representación sindical que o complemento salarial do ERTE será do 100% da base reguladora.

Anuncio publicado en: Num BOP 84 año 2020 14/04/2020
09/04/2020 08:00:00
14:02:13

Liña 1.- Medidas de axuda ao impulso económico e protección do emprego:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/04/2020

Page count3

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930