Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

7

Núm. 076 xoves, 2 de abril de 2020

BOP Lugo
6.3. Posteriormente á proposta informada pola Comisión de Valoración de Subvencións, a proposta pasará á Intervención Municipal para súa fiscalización.
Informada a proposta pola Intervención, a Xunta de Goberno Local concederá as subvencións mediante resolución na que se especifique a relación de solicitantes ós que se conceden as subvencións e a desestimación das restantes solicitudes. O prazo máximo para resolver será de catro meses contados a partir da finalización do prazo de solicitude das subvencións.
O outorgamento das subvencións notificarase ós interesados de acordo co establecido nos artigos 40, 41, 42, 43
e 44 da Lei 39/2015. A resolución da concesión farase pública, como mínimo, mediante exposición pública no taboleiro de anuncios municipal durante un prazo dun mes.
Tendo en conta que a obtención concorrente de subvencións doutras Entidades públicas ou privadas en ningún caso poderá superar o custo da actividade, de ser así, este feito daría lugar a unha modificación da resolución da concesión.
7.- OBRIGAS DO BENEFICIARIO
Os beneficiarios das subvencións terán que aterse ás seguintes obrigas:
1. Cumprir o obxectivo, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da axuda de acordo coa memoria presentada. A subvención deberá ser destinada exclusivamente ós fins para os que foi concedida, quedando expresamente prohibida calquera alteración de destino non autorizada polo Concello.
2. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, aportando, para elo, canta información lles sexa requirida.
3. Facer constar, naquelas actividades subvencionadas, que as mesmas contan con subvención do Concello de Xermade, coa expresión "Colabora Concello de Xermade".

5. Xustificar o gasto realizado como máximo o día 5 de decembro de 2020 de acordo co previsto nas presentes Bases.
8.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
A xustificación que será baixo a responsabilidade do declarante, farase coa presentación, a través da sede electrónica do Concello de Xermade, como máximo o día 5 de decembro, do modelo normalizado que se facilitará no Concello, que recollerá unha memoria das actividades desenvolvidas e unha relación de ingresos e gastos totais obtidos, ó que se unirá a seguinte documentación:
1º. Certificación do Secretario/representante da entidade, co visto e prace do presidente, no que se indiquen as subvencións concedidas á Entidade para a realización das actividades subvencionadas.
2º. Relación de gastos, acompañada de facturas orixinais ou copias compulsadas, cuxos conceptos definan claramente a actividade realizada, polo importe total da subvención concedida, achegando declaración do beneficiario de ter realizado o fin para o que foi concedida a subvención. Achegaranse tamén os xustificantes de pago no caso de que o pago se realizase en efectivo, na factura constará o recibín asinado polo provedor.
- No caso de prestacións persoais de servizo, acreditación mediante nómina, factura ou calquera outro medio admitido en dereito.
- No caso de gastos de material, subministracións, etc., orixinal ou fotocopia cotexada das facturas ou documentos acreditativos do gasto substitutivos da factura contemplados no artigo 4 do Real Decreto 1496/2003
representativas dos gastos realizados. As facturas deberán conter, como mínimo, os seguintes requisitos:
-Nome, razón social e NIF ou CIF de quen emite a factura.
-Desagregación do IVE ou imposto correspondente; no caso de exención, deberá facerse constar expresamente na factura.
-Nome, enderezo e NIF ou CIF do beneficiario da subvención, debendo estar estendidos ó nome da Entidade ou, no seu caso, ó do Presidente da agrupación sen personalidade xurídica.
-Descrición, polo miúdo, do servizo prestado.
-Número de factura, data e lugar de emisión e denominación de factura.
Unicamente serán subvencionables os que respondan de maneira indubitada á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido.
O pagamento da subvención concedida farase efectivo unha vez xustificados totalmente os gastos realizados.
No caso de que non se presente a xustificación dentro do prazo, requirirase ao beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobro total da subvención, a esixencia do reintegro e demais responsabilidades previstas na Lei de Subvencións de Galicia.

Anuncio publicado en: Num BOP 76 año 2020 02/04/2020
01/04/2020 08:00:00
11:18:48

4. Comunicar ó Concello a obtención doutras subvencións de calquera entidade pública ou privada.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/04/2020

Page count8

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions