Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

6

Núm. 076 xoves, 2 de abril de 2020

BOP Lugo
4.- PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE
4.1.- Prazo: As solicitudes deberán presentarse a partir do día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, ata o 30 de novembro de 2020, podendo consultarse as bases completas na plataforma de Bases de Datos Nacional de Subvencións http www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index e na sede electrónica municipal https concelloxermade.sedelectronica.es.
4.2.- A tramitación será telemática, en cumprimento do disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica do Concello de Xermade. A presentación producirá plenos efectos xurídicos sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido.
4.3.- Documentación que se deberá xuntar:
1. Solicitude, segundo modelos normalizados que se facilitará polo Concello, asinada polo presidente da entidade, ou por quen teña conferida a delegación, e acompañada de fotocopia do DNI.
2. Memoria explicativa de todas as actividades que se pretenden levar a cabo, indicando en cada unha delas os seguintes puntos:
- Duración - Lugares - Equipamento necesario para a súa realización - Persoal que se require para levar a cabo a actividade - Orzamento de gastos da actividade financiamento de fondos propios ou doutros organismos públicos ou privados
4. Certificación do acordo de solicitude e do nomeamento de representante para as relacións co Concello.
5. Certificación dos datos bancarios da entidade solicitante.
6. Declaración de non ter solicitada fin concedida ningunha outra subvención para a mesma actividade, procedente de calquera administración ou ente público ou privado, obrigándose a comunicar aquelas concedidas con data posterior á presentación da solicitude.
7. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das causas que determina o artigo 13.2 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, autorizando expresamente ó Concello para a comprobación da situación do solicitante respecto das obrigas tributarias e coa seguridade social.
No caso de que fosen apreciados defectos de forma ou documentación incompleta, requirirase a corrección ou rectificación no prazo de dez días hábiles, arquivándose o expediente sen mais trámites de non efectuarse a mesma.
5.- CRITERIOS DE OUTORGAMENTO
Segundo se prevé na base 51 das bases de execución do orzamento 2020 atenderase a subvención por orde de solicitude ata esgotar o crédito orzamentario previsto.
A contía total da subvención non superará os cen 100 euros por festa realizada.
O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutros organismos públicos ou privados, supere o custo total da actividade. Este suposto dará lugar a unha modificación da resolución de concesión.
6.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
6.1.- O órgano instrutor será o técnico local de emprego do Concello de Xermade ou o/a funcionario/ que o substitúa, en caso de ausencia.
6.2.- A Comisión de Valoración de Subvencións procederá a informar proposta de concesión de subvencións formulada polo instrutor, segundo os criterios previstos nas presentes bases. A proposta deberá conter a relación de solicitantes para os que se propón a subvención, a súa contía e os criterios de valoración que dean lugar á proposta.
A Comisión de Valoración de Subvencións terá a seguinte composición:
Presidente: o alcalde ou persoa en quen delegue.
Vogais: os/as concelleiros/as delegados/as de cultura e facenda.
Secretaria: o/a secretario-interventor do Concello.

Anuncio publicado en: Num BOP 76 año 2020 02/04/2020
01/04/2020 08:00:00
11:18:48

3. Solicitude/concesión de licenza para a realización de festexos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/04/2020

Page count8

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions