Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 189 mércores, 19 de agosto de 2020

BOP Lugo
Polo presente, RESOLVO:
Primeiro.- Nomear Tenentes de Alcalde a D. Eloy Pérez Sindin e D. Luis Mariño Castro.
Segundo.- Establecer, ós efectos da suplencia orgánica do cargo de Alcalde Presidente da Corporación, nos supostos previstos pola lexislación local vixente, así como o desempeño das funcións de AlcaldePresidente nos supostos de vacante, a seguinte orde do seu nomeamento:
1º Tenente de Alcalde, D. Eloy Pérez Sindin. 2º Tenente de Alcalde, D. Luis Mariño Castro.
Para tal suplencia, teranse en conta as salvedades previstas no artigo 47, páragrafo 2º do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, así como o límite que establece o artigo 48
do dito Regulamento.
Aos Tenentes de Alcalde nomeados, previa aceptación do seu cargo, correspóndelles en canto a talles, substituír ao Alcalde na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións Terceiro.- Notificar persoalmente a presente resolución aos designados, que se considerará aceptada tácitamente, salvo manifestación expresa; e remitir a Resolución de nomeamento ao Boletín Oficial da Provincia para a súa publicación no mesmo, igualmente publicar a Resolución no taboleiro de anuncios do Concello, sen prexuízo da súa efectividade desde o día seguinte da firma da Resolución polo Alcalde. Deáselle conta ó Pleno do Concello Monterroso, 12 de agosto de 2020.- A Alcaldesa, Rocio Seijas Vázquez.
R. 1847

Anuncio LISTAXE DE CONTRIBUÍNTES POR APLICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO
POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR SAF DE XULLO 2020.
Por Resolución de alcaldía de data once de agosto de 2020, resólvese prestar aprobación da devandita listaxe que estará exposta nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas; durante o prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes,entendéndose defintivamente aprobada se transcurrido o devandito prazo non se formularan suxestións contra ésta.
Contra as liquidacións comprendidas na listaxe de contribuíntes poderase formular recurso de reposición, anterior o contencioso-administrativo, perante a alcaldía no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da finalización da exposición pública da listaxe.Así mesmo, acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte detalle:
APrazo de ingreso en período voluntario do prezo público do Servizo de Axuda no Fogar : dende o 11 de setembro de 2020 ao 11 de de novembro de 2020, ámbolos dous inclusive.
B Os recibos, non domiciliados, poderanse facer efectivos na conta bancaria ES78-2080-0137-41-3110000025
que este Concello ten aberta na oficina de ABANCA, sucursal de A Pontenova.
Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que se efectuaran os pagamentos correspondentes, e unha vez rematado este, os recibos pendentes pasarán ó cobro pola vía executiva de constrinximento.
Decreta, manda e asina o señor alcalde, na Pontenova a 11 de agosto de dous mil vinte.
A Pontenova, 11 de agosto de 2020.- O alcalde, Darío Campos Conde.
R. 1846

RIBADEO
Anuncio CONVOCATORIA E BASES
BASES ESPECIFICAS REGULADORAS DO ACCESO A UN POSTO DE TECNICO EN ORIENTACION E INSERCION
LABORAL CON CARACTER DE FUNCIONARIO INTERINO.Artigo 10-.1.c do EBEP.

Anuncio publicado en: Num BOP 189 año 2020 19/08/2020
18/08/2020 08:00:00
12:11:13

A PONTENOVA

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/08/2020

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions