Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 11 DE AGOSTO DE 2020

N.º 183

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE CULTURA
Anuncio CONVOCATORIA E BASES DO PROGRAMA MUSIQUEANDO POLA PROVINCIA DE LUGO, ANUALIDADE 2020
A Área de Cultura ten entre as súas competencias as de contribuír á difusión da música tradicional na vertente de música de banda, música coral e música tradicional das entidades pertencentes á provincia de Lugo e ao mesmo tempo a de potenciar as festas patronais e de marcado carácter popular que se levan a cabo na provincia de Lugo.

No Programa Musiqueando poderán participar previa solicitude de inclusión segundo os modelos de solicitude aprobados nesta convocatoria, as agrupacións musicais abaixo sinaladas, sempre que teñan a súa residencia/sede social radicada na provincia de Lugo, que estean legalmente constituídas, e que cumpran todos os requisitos que figuran nestas bases:
CATEGORÍAS DE AGRUPACIÓNS/TIPOLOXÍAS MUSICAIS QUE PODEN PARTICIPAR NESTA CONVOCATORIA
Bandas de música Grupos corais Grupos de música tradicional

Non poderán participar grupos infantís, cuxos compoñentes sexan menores de 13 anos. Se nalgún dos grupos existisen membros menores de idade, o grupo deberá contar coa autorización paterna/materna correspondente.
Do mesmo xeito, en caso de existir integrantes menores de idade deberase asinar unha declaración responsable pola que se fará cargo da súa seguridade e demáis responsabilidades derivadas, a persoa responsable do grupo de música, banda ou coral participante neste Programa.
Os participantes neste Programa solicitantes de actuación e grupos musicais participantes deberán responsabilizarse do cumprimento da normativa hixiénico-sanitaria vixente para a realización deste tipo de actividades culturais por mor da COVID-19 ata o momento da realización da actuación concedida, se fose o caso, e eximíndose a Deputación de Lugo de calquera responsabilidade derivada deste aspecto.

Este Programa vai dirixido tanto aos Concellos da provincia, os cales poderán solicitar actuacións para acollerse a este programa. De igual xeito, poderán solicitar actuacións aquelas entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xuridicamente constituídas, e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura, do mesmo xeito que ás comisións de festas que se encarguen de organizar as festas patronais no ámbito xeográfico da provincia de Lugo.
Só se concederán actuacións musicais entre o 19 de setembro e o 29 de novembro de 2020 ambos inclusive.
Os beneficiarios deste Programa concellos, asociacións e comisións de festas só poderán solicitar unha actuación por anualidade. No caso de que se soliciten, máis dunha actuación, concederase a primeira das presentadas, de acordo co número de rexistro de entrada.

Anuncio publicado en: Num BOP 183 año 2020 11/08/2020
10/08/2020 08:00:00
11:32:00

Ao tratarse de actividades de natureza artística, organizados por promotores alleos á Deputación de Lugo, considérase que non resulta conveniente establecer un procedemento de concorrencia competitiva para a selección dos beneficiarios, ante a dificultade de obxectivar os criterios de selección. Por tal motivo, e ao abeiro no disposto no artigo 22.2 c da lei xeral de subvencións, establécese un procedemento de concorrencia pública, pero de carácter non competitivo, no que se seleccionarán aos beneficiarios do programa.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/08/2020

Page count31

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions