Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 26 DE AGOSTO DE 2020

N.º 195

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio
Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e na Lei 8/2009, de 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, sométese a información pública a seguinte solicitude da instalación eléctrica indicada:
Solicitante: EÓLICA DE CORDALES S.L.U.
Solicitude: Autorizacións administrativas previa e de construción, estudo de impacto ambiental, aprobación do proxecto sectorial e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe a continuación.
Denominación: LAT 132 KV PE CORDAL DE OUSÁ-SET FIBRANOR
Concellos afectados: Begonte, Friol e Outeiro de Rei Características técnicas da liña eléctrica:

Liña de Alta Tensión aérea de 132 kV, en aéreo, sobre apoios metálicos de celosía, en simple circuíto, con condutor LA 180, cunha lonxitude de 8.019,50 m e con orixe na subestación do parque eólico de Cordal de Ousá, e final no apoio nº 24 onde se instalará un paso aéreo a soterrado.

Liña de Alta Tensión soterrada de 132 kV, en simple circuíto, con condutor AL630 en gabia baixo tubo, cunha lonxitude de 465 m, con orixe no apoio nº 24 PAS onde remata a LAT aérea e final na subestación de Fibranor.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A relación de bens e dereitos afectados RBDA que se consideran de necesaria expropiación figuran no anexo que se acompaña a esta resolución.
O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 30 días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución ou a partir da correspondente notificación individual no caso de persoas que figuren na RBDA, podendo examinar toda a documentación na Dirección Xeral de Enerxía e Minas Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar - 15781 Santiago de Compostela, na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria Ronda da Muralla, 70 - 27072 Lugo ou nos concellos afectados.
Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado
Anuncio publicado en: Num BOP 195 año 2020 26/08/2020
25/08/2020 08:00:00
10:57:45

Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción, estudo de impacto ambiental, aprobación do proxecto sectorial e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Begonte, Friol e Outeiro de Rei, na provincia de Lugo expediente:
IN408A 2018/39

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date26/08/2020

Page count20

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions