Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

26

Núm. 187 luns, 17 de agosto de 2020

BOP Lugo
Tema 20.- Os malos tratos na infancia. Definición. Tipoloxía. Factores de risco. Situación de desamparo O
proceso de intervención ante o maltrato infantil. Prevención, detección e tratamento social. O papel dos servizos sociais comunitarios.
Tema 21.- Asociacionismo e Voluntariado social. Concepto. Características A lexislación galega de voluntariado social. Organizacións non gobernamentais. Concepto e tipos.
Tema 22.- Minorías étnicas. Características e necesidades sociais. Aspectos demográficos. Programas servizos e recursos de intervención social. A Marxinación e exclusión social. O fenómeno sinfogarismo: características e tipoloxía . Recursos e procesos de intervención social con estes colectivos.
Tema 23.- O papel do/da traballador/a social na acción integradora nos niveis educativo e laboral e de ocio e tempo libre.
Tema 24.- O papel do/da traballador/a social na acción dinamizadora da comunidade. Ficheiro de recursos nos distintos ámbitos de intervención do traballador social.
16. CUALIFICACIÓN FINAL.
A cualificación final establecera a orde definitiva das persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo. A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e a obtida na fase de oposición.
No suposto de empate nas puntuacións cualificacións finais, tendo en conta o artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, cando nun determinado corpo, escala, grupo ou categoría da Administración Pública Galega se verificará a infrarrepresentación do sexo feminino, o empate resolverase a favor da muller.
No resto de supostos o empate resolverase acudindo á maior puntuación obtida primeiro na fase de oposición, segundo na fase de concurso, e se persiste o empate procederase a realizar un sorteo público.

O Presidente do Tribunal, á vista das cualificacións finais das persoas aspirantes, que superaron o proceso selectivo, formulará proposta ante a Alcaldía, Publicación.- A proposta do Tribunal, publicarase no Taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.
18.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.
A persoa seleccionada presentará os seguintes documentos mediante copias compulsadas ou, se é o caso, orixinais:
a Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións a desempeñar que se sinalan nas bases específicas.
b Declaración xurada de non ter sido separadas do servizo das administracións públicas e non estar incursas nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
c Fotocopia compulsada da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria.
d No caso de ter a condición de discapacitadas deberá presentar a certificación acreditativa do grado de discapacidade, tendo facultade a Entidade para que solicitar ao órgano competente a compatibilidade para desempeño funcional da praza/posto/emprego.
Lugar de presentación. Os devanditos documentos presentaranse polos mecanismos establecidos na base 9.
Prazo de presentación. O prazo de presentación será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no taboleiro de edictos, prazo que poderá ampliarse cando as persoas seleccionadas acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.
En todo caso no prazo de 10 días naturais, computados dende a data da toma de posesión ou sinatura do citado contrato, as persoas seleccionadas estarán obrigadas a presentar a devandita documentación, xa que no caso contrario, procederíase ao seu cesamento automático, agás en supostos de forza maior.
19. RESOLUCIÓN DO PROCESO SELECTIVO.
Á vista da orde de aspirantes proposta polo Tribunal, a Alcaldía resolverá o procedemento selectivo co nomeamento do aspirante seleccionado.
20. TOMA DE POSESIÓN.
Realizarase de forma inmediata ao chamamento de incorporación debido a urxencia da incorporación.
21. DEREITO SUPLETORIO E XURISDICIÓN.
No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos
Anuncio publicado en: Num BOP 187 año 2020 17/08/2020
14/08/2020 08:00:00
12:07:46

17. PROPOSTA DE SELECCIÓN E PUBLICACIÓN.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/08/2020

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions