Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 187 luns, 17 de agosto de 2020

BOP Lugo
Artigo 6.- CONTÍA.O establecemento e contía do prezo público regulado nesta ordenanza será o que fixe a Xunta de Goberno Local en atención ao seu custo. Para a fixación do importe do prezo público deberá xustificarse documentalmente o custo total da actividade e a súa financiación, a través da elaboración da oportuna memoria económicafinanceira.
O importe do prezo público pola prestación do servizo deberá cubrir como mínimo o custo da actividade realizada.
Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, a entidade poderá fixar un prezo público por debaixo dos límites previstos no apartado anterior. Neste caso consignaranse no orzamento municipal as dotacións oportunas para a cobertura da diferenza resultante, se a houbese.
DISPOSICIÓN FINAL.A presente Ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e unha vez teña transcorrido o prazo a que se refire o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, en relación co artigo 65.2 da mesma, manténdose en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Begonte, a 10 de agosto de 2020.- O ALCALDE, José Ulla Rocha.
R. 1817

BURELA
Anuncio
Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Burela en sesión celebrada o día 5 de agosto de 2020, prestouse aprobación inicial o PADRÓN DE CONTRIBUÍNTES POLA TAXA DE MATRÍCULA NA ESCOLA MUNICIPAL
DE MUSICA 2019-2020 segundo o disposto na Ordenanza Fiscal n.º 5 Taxa por ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, así como nos artigos 24 e seguintes do Real Decreto 939/05 de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, ponse en coñecemento dos interesados que nas Oficinas Municipais deste Concello, e durante o período dun mes a contar a partir do seguinte día hábil ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, estará exposto ao público o padrón completo da taxa, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Contra a aprobación das liquidacións que nel se inclúen, os interesados poderán interpoñer os seguintes recursos:
1. Conforme ao disposto no artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados só poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
2. Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa.
Igualmente advírtese que tamén poderán utilizar calquera outro recurso que estimen pertinente, así como exercer as accións que procedan ante a xurisdición competente.
O período voluntario de cobramento de cada unha das cotas segundo a modalidade escollida na propia matrícula é o seguinte:
1º Plazo: dende o día 18 de agosto de 2020 ata o día 17 de outubro de 2020, ambos os dous inclusive.
2º Plazo: dende o día 18 de setembro de 2020 ata o día 17 de novembro de 2020, ambos os dous inclusive.
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes teñen domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. A presente publicación, nos dous supostos, de anuncio de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Transcorrido o período de cobro en voluntaria sen que se satisfixeran as cotas, iniciarase o período executivo con arranxo ao disposto no artigo 69 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, cos correspondentes recargas, xuros de demora e demais conceptos que sexan esixibles.

Anuncio publicado en: Num BOP 187 año 2020 17/08/2020
14/08/2020 08:00:00
12:07:46

EXPEDIENTE 689/2020. ANUNCIO DE COBRANZA E EXPOSICIÓN AO PÚBLICO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/08/2020

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions