Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 186 venres, 14 de agosto de 2020

BOP Lugo
MEIRA
Anuncio O Pleno deste Concello en sesión ordinaria celebrada o día 6 de agosto de 2020 acordou a aprobación da ordenanza fiscal reguladora da taxa do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais e polas canteiras.
O referido acordo, a ordenanza e o resto do expediente están a disposición dos interesados na Secretaría municipal e a exposición público polo prazo de trinta días hábiles a contar desde o seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Taboleiro de Anuncios deste Concello para exame e reclamacións. De non producirse reclamacións durante a exposición pública o acordo provisional entenderase elevado a definitivo e aprobada a ordenanza.
Meira 6 de agosto de 2020.- O alcalde, Antonio de Dios Álvarez.
R. 1799

Anuncio O Pleno deste Concello en sesión ordinaria celebrada o día 6 de agosto de 2020 acordou a aprobación da ordenanza reguladora do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais e polas canteiras.

As reclamacións deberán de presentarse no Concello nas formas legalmente establecidas e irán dirixidas ao Sr.
Alcalde, e serán resoltas no seu caso polo Pleno. De non producirse reclamacións o acordo provisional entenderase elevado a definitivo e a ordenanza considerarase definitivamente aprobada.
Meira, 6 de agosto de 2020.- O alcalde, Antonio de Dios Álvarez.
R. 1800

O PÁRAMO
Anuncio CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
De conformidade co disposto na Resolución da Alcaldía de 11 de agosto de 2020, faise pública a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal, 1 xefe de brigada, para prevención e defensa contra incendios forestais, para a tempada 2020, no marco da Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello do Páramo, mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR Galicia 2014-2020:

Un 1 xefe de brigada Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro do Concello de O Páramo en horario de 9.00 a 14.00
horas de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Cando as solicitudes se presenten fora do Rexistro do Concello, co fin de axilizar os trámites, deberán remitir comunicación por fax ao concello 982539156 ou ao correo electrónico cruz.oparamo@eidolocal.es, comunicando a presentación da solicitude, co selo de Correos ou do rexistro correspondente.
O prazo de presentación será de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.
Procedemento de selección: valoración de méritos, segundo o establecido nas bases que se atopan a disposición dos interesados/as nas oficinas municipais e na sede electrónica do Concello do Páramo https concellodeparamo.sedelectronica.gal O Páramo, 11 de agosto de 2020.- O alcalde, José Luis López López.
R. 1834

Anuncio publicado en: Num BOP 186 año 2020 14/08/2020
13/08/2020 08:00:00
12:58:49

A citada ordenanza, o referido acordo e o resto do expediente exponse ao público na Secretaría deste Concello polo prazo de trinta días hábiles a contar desde o seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Taboleiro de Anuncios para a presentación de reclamacións e suxerencias, dándose audiencia aos interesados no citado prazo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/08/2020

Page count8

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions