Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 186 venres, 14 de agosto de 2020

BOP Lugo
BURELA
Anuncio Aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 5 de agosto de 2020, o Padrón por liquidación das taxas do servizo de abastecemento domiciliario de augas, sumidoiros e recollida de lixo, así como o canón de auga da Xunta de Galicia, correspondente ao Segundo Bimestre do exercicio 2020, procédese a apertura do período de información pública por prazo de vinte días hábiles a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido nas oficinas do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario por peiodo de dous meses a computar dende o día seguinte á presente publicación no BOP de Lugo.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 apartado 3 da Lei 58/ 2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e 23 e 24 do R.D. 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Burela, 06 de agosto de 2020.- O ALCALDE, ALFREDO LLANO GARCIA.
R. 1819

CERVO
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data 10 de agosto de 2020, aprobáronse os padróns correspondentes ás cotas do 3º bimestre de 2020 polo exercicio da venda ambulante no mercado de San Cibrao Cervo as mensualidades de maio e xuño de 2020 das liquidacións do prezo público polo servizo de Axuda no Fogar, e os padróns correspondentes ao 2º bimestre de 2020 das taxas polos Servizos de Abastecemento de Auga, Recollida de Lixo e Saneamento.
Por medio do presente edicto expóñense ao público os padróns, por un prazo de 15 días naturais, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de reclamacións. Contra os mesmos poderase interpoñer o recurso de reposición do artigo 14 do RD lexislativo 2/2004, de 5 de marzo no prazo de un mes dende a publicación deste anuncio, sendo o procedente no caso do canon da auga a reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación mediante o Padrón.
O prazo de ingreso en período voluntario abarcará dende o do 14 de agosto ao 16 de novembro de 2020. Unha vez transcorrido o mesmo sen ter efectuado o pago, este esixirase polo procedemento de constrinximento sobre o patrimonio do debedor. No caso do canon da auga, esta falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Formas de pagamento: Mediante domiciliación bancaria ou en calqueira oficina de Abanca, Banco Santander ou BBVA provistos do documento de ingreso que se lles remitirá ou poderán solicitar no Concello Cervo, 10 de agosto de 2020. O Alcalde; Alfonso Villares Bermúdez R. 1820

Anuncio publicado en: Num BOP 186 año 2020 14/08/2020
13/08/2020 08:00:00
12:58:49

A falta de pagamento do Canon de Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación economico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/08/2020

Page count8

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions