Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 097 mércores, 29 de abril de 2020

BOP Lugo
Folgoso do Courel, 20 de abril de 2020.- A Alcaldesa, Dolores Castro Ochoa.
R. 0763

LOURENZÁ
Anuncio EXPOSICIÓN O PÚBLICO E COBRANZA S.A.F. MARZO 2020
Por Resolución de Alcaldía de data o día 13 de abril de 2020, prestouse aprobación inicial ao Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente o mes de Marzo de 2020 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de dous mil douscentos vinte e seis euros con quince céntimos de euro
2.226,15 € , dos que mil setecentos tres euros con sesenta e cinco céntimos de euro 1.703,65 € correspondente a dependencia , e cincocentos vinte e dous euros con cincuenta céntimos de euro 522,50€ son de libre concorrencia.
Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria 58/2003 de 17 de decembro, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días , contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública , non se formula ningunha reclamación.
Así mesmo , e de conformidade con artigo 253.1 da citada Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante a Sra. Alcaldesa-Presidente , no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.

Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas.
O prazo de cobro , en período voluntario será de dous meses dende a publicación do Edicto de aprobación, transcorrido o mesmo procederase a esixir os xuros de mora e os recargas de acordo cos artigos 26 a 28 da Lei Xeral Tributaria.
A presente publicación, nos dous supostos , de edicto de exposición ao público do Padrón e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei Xeral tributaria.
Lourenzá, 13 de abril de 2020.- A Alcaldesa, Rocío López García.
R. 0758

NEGUEIRA DE MUÑIZ
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data do 01.04.2020, aprobouse o padrón fiscal correspondente ó mes de marzo de 2020 do Servizo de Axuda no Fogar a través da Lei de Dependencia polo importe de 263,48 €, e Programa Básico de Axuda no Fogar polo importe de 343,01 €.
Por medio do presente exponse ó público o devandito padrón polo prazo de quince días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anunico no BOP, para que poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.
O que se fai público para xeral coñecemento do presente anuncio, que ten carácter de notificación colectiva, en cumprimento do disposto no Regulamento Xeral de Recadación e na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Negueira de Muñiz, 3 de abril de 2020.- O Alcalde, José Manuel Braña Pereda.
R. 0760

Anuncio publicado en: Num BOP 97 año 2020 29/04/2020
27/04/2020 08:00:00
12:59:46

Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/04/2020

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930