Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 091 mércores, 22 de abril de 2020

BOP Lugo
Artigo 5º.- Bonificacións.
Os suxeitos pasivos que con arranxo á Lei ostenten a condición de titulares de familia numerosa disfrutarán das bonificacións seguintes:
.Familia numerosa de categoria xeral:
Bonificación do 80% na cota íntegra da Taxa por recollida de lixo.
. Familia numerosa categoría especial:
Bonificación do 90% na cota íntegra da Taxa por recollida de lixo.
A concesión das bonificacións establecidas neste artigo realizarase a solicitude do interesado previa acreditación do recoñecemento pola Consellería competente da Comunidade Autónoma da condición de titular de familia numerosa na categoría que corresponda.
As bonificacións establecidas neste artigo terán unha duración de cinco anos, sendo aplicables a partir do exercizo tributario seguinte ao da súa concesión.
A bonificación na cota tributaria da Taxa por recollida de lixo será compatible con calquera outro beneficio fiscal que poda establecer ou aprobar neste Concello.
Establécese unha bonificación do 90% nas tarifas desta taxa para os edificios que sen estar en ruina teñan a condición de non habitables ou utilizables.
A estes efectos terán a condición de non habitables ou utilizables os que, sen estar en ruina, presenten un estado de deterioro que non permita unha utilización digna e non conten con subministro de auga ou electricidade.
Artigo 6º.- Cota tributaria.
1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local. A tal efecto aplicarase a seguinte tarifa:
EUROS

UNICA
Por cada vivenda ou local comercial
72,97 €

2. As cotas sinaladas na Tarifa teñen carácter irreducible e corresponden a 12 meses.
Artigo 7º.- Devengo 1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir desde o momento en que se inicie a prestación do servizo, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando esté establecido e en funcionamento o servizo municipal de recollida de lixo domiciliario, nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuintes suxeitos a Taxa.
2. Establecido e en funcionamento o referido servizo, as cotas devengaranse o primeiro día de cada trimestre natural, salvo que o devengo da Taxa se teña producido con posterioridade a dita data, en cuxo caso a primeira cota devengarase o primeiro día do mes seguinte.
Artigo 8º.- Declaración e ingreso Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data en que se devengue por primeira vez a Taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscripción en matrícula, presentando, ao efecto, a correspondente declaración de alta e ingresando simultánemente a cota do primeiro trimestre.
Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación de interesados, calquera variación dos datos figurados na matrícula, levaranse a cabo nesta as modificacións correspondentes, que surtirán efectos a partir do período de cobranza seguinte ao da data na que se teña efectuado a declaración.
O cobro das cotas efectuarase trimestralmente mediante recibo derivado da matricula.
A bonificación establecida no artigo 5.1 deberá ser solicitada polo interesado, quen aportará unha declaración responsable de que a vivenda ou local non dispón de subministro de enerxía eléctrica nin de autoxeración nin de empresa proveedora, nin auga potable, sexa esta servida polo Concello, empresa privada, de carácter veciñal ou de autoabastecemento pozos ou similares. De rematar a situación de inhabitable deberá comunicarllo ao Concello do Incio.
Artigo 9.- Infraccións e sancións En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria.
Se realizada unha inspección se comproba a falsidade da declaración responsable feita ao abeiro do artigo 8º.4
ou se comproba que existe abastecemento de auga potable ou electricidade, procederá a facturación íntegra do período no que se beneficiou da bonificación cun máximo de catro anos de acordo coas tarifas íntegras vixentes, e se sancionará ao interesado cun recargo do 50% do importe da liquidación.

Anuncio publicado en: Num BOP 91 año 2020 22/04/2020
21/04/2020 08:00:00
12:34:33

CONCEPTOS

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/04/2020

Page count4

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930