Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm.089 luns, 20 de abril de 2020

BOP Lugo
ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Listaxe provisional de admitidos e excluídos.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a presidencia da Deputación ditará resolución aprobando a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e se é o caso excluídas, indicando nome e apelido e causa da exclusión cando proceda.
Esta resolución publicarase no BOP, na web corporativa da Deputación de Lugoapartado Emprego PúblicoRecursos Humanos e no Taboleiro de Anuncios da Entidade.

Período de alegacións.

As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte o da publicación da listaxe provisional no BOP, para poder corrixir os erros e/ou defectos que motivaron a exclusión.
Transcorrido o prazo indicado, de non emendarse a solicitude, as persoas interesadas decaerán no seu dereito, sendo excluídas definitivamente da listaxe de aspirantes.
Os erros materias poderán ser corrixidos de oficio, ou a petición do interesado, en calquera momento do proceso selectivo.

Listaxe definitiva.

De non presentarse alegacións á listaxe provisional, considerarase esta definitiva sen necesidade de nova publicación.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos esixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúan algún dos requisitos, decaerán en todos os dereitos que puideran derivar da súa participación.

Recursos contra a listaxe definitiva.

Contra a resolución que aprobe a listaxe definitiva, as persoas aspirantes excluídas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, diante do Presidente da Deputación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia ou ben, recurso contencioso - administrativo diante do Xulgado do Contencioso - Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á citada publicación no Boletín Oficial da Provincia.

TRIBUNAL CUALIFICADOR.
Designación e composición do Tribunal.

O Tribunal cualificador será nomeado pola Presidencia da Deputación Provincial debendo posuír, en calquera caso, titulacións ou especializacións iguais ou superiores ás esixidas para o acceso á praza que se convoca, tendéndose á paridade entre homes e mulleres. A resolución pola que se aprobe a composición do Tribunal, deberá publicarse no BOP, na web corporativa da Deputación de Lugo - apartado Emprego Público RRHH e no Taboleiro de Anuncios da Entidade.
A súa composición será a seguinte, debendo ser funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo segundo o réxime xurídico da praza que se convoque:
Presidencia: a persoa que desempeñe o posto de xefatura de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo, ou funcionario que o substitúa.
Secretaría: a persoa que exerza a secretaría xeral da Corporación, ou funcionario que o substitúa.
Vogais: tres persoas técnicas ou expertas.
Por cada titular nomearase un suplente, podendo actuar indistintamente titulares ou suplentes.
Todos as persoas que formen parte do Tribunal cualificador terán voz e voto.

Incorporación de asesores e persoal de colaboración.

Anuncio publicado en: Num BOP 89 año 2020 20/04/2020
16/04/2020 08:00:00
13:28:17

De existir alegacións á listaxe provisional, estas serán estimadas ou desestimadas pola Presidencia a través dunha nova resolución que deberá publicarse nos mesmos lugares que a lista provisional.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/04/2020

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930