Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

27

Núm.089 luns, 20 de abril de 2020

BOP Lugo
3. COMETIDO FUNCIONAL
O cometido funcional desta praza establécese no Capítulo IV do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.
En canto ao contido funcional dos correspondentes postos de traballo será o sinalado na vixente Relación de Postos de Traballo ou, se é o caso, disposición que a substitúa.
En ausencia dos anteriores instrumentos, os ocupantes realizarán as funcións que lles sexan atribuídas por calquera outra norma ou polo correspondente superior xerárquico.
4. REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS ASPIRANTES
Como complemento á base xeral 5.a, as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título de Bacharelato ou equivalente e posuír unha antigidade de, cando menos, dous anos de servizo activo como funcionario de carreira da Deputación Provincial de Lugo, na Escala de Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais, Persoal de Oficios - Categoría Mestre, Grupo C - Subgrupo C2, praza Mestre.
Segundo a disposición adicional vixésimo segunda da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, a ausencia de titulación pódese substituir posuíndo unha antigidade de dez anos na escala, subescala, grupo e subgrupo sinalado no parágrafo anterior, ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación ao que se accederá por criterios obxectivos.
5.PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN: FASE DE OPOSICIÓN
Consistirá na superación dos seguintes exercicios:
5.1 PRIMEIRO EXERCICIO-TEÓRICO
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 60 preguntas tipo test sobre o programa contido na base específica 6, no tempo máximo de 70 minutos.
As preguntas terán 3 respostas alternativas das que só unha será correcta.

O Tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa.
Puntuarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 15 puntos para superalo.
Acudirase a puntuar as preguntas de reserva só no suposto de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio.
Exención de materias: ver base xeral 8.1.1
5.2 SEGUNDO EXERCICIO - PRÁCTICO
Consistirá na realización dun suposto práctico relacionado coas materias do programa establecido na base específica 6.B -materias específicas. Poderá consistir na formulación de distintas preguntas, simulacións, elaborar informes ou propostas ou calquera outra proba na que se poda comprobar as habilidades e capacidade de resolución das persoas aspirantes.
Para a realización desta proba o Tribunal decidirá se os aspirantes poden vir provistos de normativa, excluíndose textos doutrinais, textos legais concordados, anotados ou comentados, formularios ou similares.
Esta proba será realizada e/ou transcrita, a criterio do Tribunal, utilizando as ferramentas informáticas que sexan necesarias.
O tempo máximo para realizar o exercicio será determinado polo Tribunal.
Os exercicios poderán ser lidos pola persoa aspirante diante do Tribunal na data que este determine, podendo asistir ao devandito acto as demais persoas participantes nesta proba.
O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar aclaracións de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa das habilidades profesionais de cada aspirante.
Neste exercicio valorarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos formulados.
A puntuación deste exercicio será de 30 puntos, sendo a puntuación mínima para superalo 15 puntos.
Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio.
Exención de materias: ver base xeral 8.1.1
5.3 PROBA DE GALEGO
Consistirá na realización dunha tradución dun texto do castelán ao galego ou do galego ao castelán no tempo máximo de 45 minutos.

Anuncio publicado en: Num BOP 89 año 2020 20/04/2020
16/04/2020 08:00:00
13:28:17

O exercicio conterá 4 preguntas de reserva.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/04/2020

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930