Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm.085 mércores, 15 de abril de 2020

BOP Lugo
LEXISLACIÓN APLICABLE.
- Lei 7/1985, do 02 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.
- Real Decreto-Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
- Real Decreto-Lexislativo 2/2004, do 05 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
- Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
- Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
- Real Decreto 929/2005, de 29 de xullo, Regulamento Xeral de Recadación.
- Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
- Real Decreto 128/2018, de 16 de marzo, de Réxime Xurídico dos Funcionarios de Administración Local con Habilitación de carácter Nacional.
- Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.
- Real Decreto-Lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urgentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do Covid-19.

PRIMEIRO.- O Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo declarou o estado de alarma en todo o territorio nacional.
Na súa disposición adicional terceira, estableceu a suspensión de quince días, de prazos administrativos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, no seu caso, das prórrogas que se adoptaren.
A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplícase a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Isto levou ás entidades locais a entender comprendidos na devandita regulación aos procedementos tributarios das súas respectivas Facendas.
Con todo, o Real Decreto 465/2020 do 18 de marzo, que veu a modificar o Real Decreto 463/2020 do 13 de marzo polo que se declara o Estado de Alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, deixou constancia da explícita exclusión da devandita regulación dos procedementos tributarios por tratarse de normativa especial.
SEGUNDO.- Con data 17 de marzo aprobouse a Real Decreto-Lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. De acordo coa súa exposición de motivos, é preciso adoptar medidas que proporcionen a necesaria flexibilidade para o axuste temporal das empresas co fin de favorecer o mantemento do emprego e reforzar a protección dos traballadores directamente afectados. Nas próximas semanas moitas empresas van enfrontar a importantes tensións de liquidez derivadas dunha caída das súas vendas, procedentes tanto dunha menor demanda como da interrupción da produción, por exemplo, por falta de subministracións ou por rescisión de determinados contratos. Faise por tanto indispensable adoptar determinadas medidas para reforzar a liquidez do tecido produtivo e evitar a saída do mercado de empresas solventes afectadas negativamente por esta situación transitoria e excepcional.
TERCEIRO.- Con todo, a pesar desa declaración de intencións, no ámbito local a regulación foi escasa, todo o máis, produciuse unha ampliación de prazos para procedementos xa iniciados á data da aprobación do Real Decreto-Lei 8/2020 ata o 30 de abril.
En caso de procedementos novos de aplicación de tributos incluídos novas premas ou embargos, que non se paralizan segundo o Real Decreto-Lei 8/2020, a ampliación de prazos levaría ao 20 de maio.
Dita regulación non afecta aos prazos de pago en período voluntario das débedas de notificación colectiva e periódica regulados no artigo 62.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
CUARTO.- No Concello de Monforte de Lemos iniciase o próximo 13 de abril o período voluntario de pago do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica IVTM ata 14 de xuño .
QUINTO.- O período voluntario de pago da taxa pola recollida de lixo 1º bimestre 2020 iníciase dende o día 27 de abril ata o 29 de xuño.
Á vista do exposto, como Tesoureira do Concello de Monforte de Lemos, en cumprimento das funcións que lle atribúe o Real Decreto 128/2018, de 16 de marzo, de Réxime Xurídico dos Funcionarios de Administración Local con Habilitación de carácter Nacional a funcionaria que subscribe,
Anuncio publicado en: Num BOP 85 año 2020 15/04/2020
09/04/2020 08:00:00
13:52:35

ANTECEDENTES.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/04/2020

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930