Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 082 sábado, 11 de abril de 2020

BOP Lugo
En virtude das normas citadas e do artigo 21.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, esta Alcaldía RESOLVE, PRIMEIRO.- Avocar as seguintes competencias delegadas na Xunta de Goberno Local, sen prexuízo do mantemento da atribución propia de asistencia permanente que mantense por medios electrónicos ao Alcalde:
As contidas no artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases do réxime local nos apartados f
salvo a concertación de operacións de crédito, a ordenación de pagos e rendición de contas -, g, o, e q salvo as licencias para a celebración de festexos populares e o apartado s as que a lexislación do Estado ou das Comunidades Autónomas asignen ao Municipio e non atribúan a outros órganos municipais.
As contidas na disposición adicional 3 da Lei 9/2017, de 8 de novembro,de Contratos del Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 201/24/UE, de 26 de febreiro de 2014: as competencias como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, subministros, servizos, xestión de servizos públicos, contratos administrativos especiais, e os contratos privados cando o seu importe non supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, a contía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de toas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referida aos recursos ordinarios do presuposto do primeiro exercicio, nin a contía sinalada; e adxudicación de concesións sobre os bens das mesmas e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento nin o importe dos tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio, cando o seu valor non supere a porcentaxe nin contía indicados.
As referidas competencias delegadas exerceranse co valor e alcance que se dispón no artigo 43.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 28 de decembro de 1986.

SEGUNDO.- O presente Decreto producirá efectos desde o momento da súa firma, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 44.2 ROF.
TERCEIRO.- Do presente Decreto darase conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre.
Dado que o funcionamento ordinario do Pleno atópase suspendido pola declaración do estado de alarma, que se proceda a notificar a presente resolución aos portavoces dos grupos políticos, para o seu coñecemento e efectos.
CUARTO.- Este Decreto manterá a súa vixencia durante o mantemento do estado de alarma, quedando derrogado desde o día que finalice aquel.
QUINTO.- Notifíquese o Decreto aos membros da Xunta de Goberno Local e dese difusión aos empregados públicos.
A Pastoriza, 31 de marzo de 2020O ALCALDE, PRIMITIVO IGLESIAS SIERRA.
R. 0696

Anuncio RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Nº 50/2020 POLA QUE SE DA CONTINUIDADE AO PERIODO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
DO ORZAMENTO MUNICIPAL PARA O EXERCICIO DE 2020 LOGO DA PUBLICACIÓN DO RD 465/2020, DE 17 DE
MARZO, POLO QUE SE MODIFICA O RD 463/2020, DE 14 DE MARZO, POLO QUE SE DECLARA O ESTADO DE ALARMA
PARA A XESTIÓN DA SITUACIÓN DE CRISIS SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19.
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
DON PRIMITIVO IGLESIAS SIERRA, Alcalde-Presidente do Concello da Pastoriza Lugo, no uso das facultades que me son conferidas pola lexislación de réxime local, Visto o expediente número 6/2020, sobre aprobación do Orzamento Xeral do Concello da Pastoriza para o ano 2020.
En atención a que o expediente seguiu a tramitación establecida nos artigos 168 e seguintes, do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Visto que en sesión extraordinaria do Pleno deste Concello, de data 13 de febreiro de 2020, foi aprobado, o Orzamento Xeral, as súas Bases de Execución, e o plantel de persoal funcionario e laboral para o exercicio económico 2020, con arranxo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril.
Visto que con data 26 de febreiro de 2020, foi publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 46, a súa aprobación inicial, finalizando o prazo de exposición ao público o día 18 de marzo de 2020.

Anuncio publicado en: Num BOP 82 año 2020 11/04/2020
08/04/2020 08:00:00
11:37:35

As demais que expresamente lle atribuían as leis á Xunta de Goberno.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/04/2020

Page count3

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930