Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

6

Núm. 078 sábado, 4 de abril de 2020

BOP Lugo
2.- Os obxectos de vidro, louza, metais e, en xeral, os constituídos por materiais inorgánicos que poidan provocar feridas e danos ao persoal que os manexe, deberán ser depositados en forma que eviten tales danos e, en todo caso, dentro dos recipientes autorizados.
4.- Os usuarios utilizarán os colectores normalizados para compoñentes específicos: fracción húmida ou resto tapa cor verde, colector azul papel, iglú verde vidro, colector amarelo envases lixeiros, e os que se especifican coa debida sinalización pilas, etc..
TÍTULO IV.- REGIMEN SANCIONADOR.
Artigo 19. TIPIFICACION DE INFRACCIÓNS.
Constitúen infraccións administrativas as accións ou omisións tipificadas por a normativa sectorial específica como incumprimento de deberes, prohibicións, limitacións ou obrigacións contidas nas mesmas e en particular nas normas contidas na presente Ordenanza Municipal. En defecto de normativa específica e de acordo co establecido nosa artigos 139 e seguintes da Lei 57/2003, de 16 de decembro, de Medidas para a Modernización do Goberno Local, efectúase a seguinte clasificación de infraccións:.
1.- Considéranse infraccións leves:

O incumprimento do disposto nos artigos 7, 8, 12 e 13

2.- Considéranse infraccións graves:

A reincidencia de faltas leves dentro dun mesmo ano;

Aqueles incumprimentos que se describen no artigo 9;

Calquera conduta das recolleitas no apartado anterior ou doutra índole que orixine situacións de degradación ambiental con risco para as persoas e bens en xeral..
3.- Considérase infracción moi grave:
A reincidencia na comisión de faltas graves dentro de una mesma anualidade
Calquera conduta das recolleitas en os apartados anteriores ou doutra índole que orixine situacións de degradación ambiental con alto risco para as persoas e bens en xeral.

Actos de deterioro graves e relevantes de equipamentos, infraestruturas ou instalacións municipais.

Artigo 20. RESPONSABILIDADE.
Aos efectos desta Ordenanza, terán a consideración de responsables das infraccións ambientais previstas na mesma:
a As persoas que directamente, por conta propia ou allea, executen a actividade infractora, ou aquelas que ordenen dita actividade cando o executor véxase obrigado a cumprir dita orde.
b Cando concorran distintas persoas na autoría da mesma infracción sen que resulte posible deslindar a participación efectiva de cada unha delas, esixirase a responsabilidade de forma solidaria.
c Serán responsables subsidiarios ou solidarios polo incumprimento das obrigacións impostas por esta Ordenanza que conleven o deber de previr as infraccións administrativas cometidas por outros, as persoas físicas ou xurídicas sobre as que tal deber recaia, cando así os determinen as leis reguladoras dos distintos réximes sancionadores.
d No caso de que o autor fose menor de idade, esixirase a responsabilidade dos pais e/ou titores, gardadores ou responsables legais á hora de proceder ao pago da sanción pecuniaria correspondente así como, no seu caso, costear os gastos que se deriven de reparación dos danos.
Artigo 21. PROCEDEMENTO.
A tramitación dos expedientes sancionadores que se inicie por infraccións a esta Ordenanza Municipal, regularase observando o procedemento establecido ao efecto pola lexislación do Procedemento Administrativo Común.
Artigo 22. MEDIDAS CAUTELARES.
Naqueles casos en que exista algún tipo de risco á saúde pública ou que se puidesen ocasionar danos ao medio ambiente, a Alcaldía, o Tenente de Alcalde delegado do área así como, en casos de risco inminente, os propios axentes da autoridade poderán adoptar calquera medida cautelar e preventiva que sexa necesaria; incluíndo a suspensión de actividades así como calquera outra que sexa proporcionada á situación de risco. Todo iso sen prexuízo do expediente sancionador que, no seu caso, sexa procedente e con independencia do mesmo.
Artigo 23. GRADUACIÓN DE SANCIÓNS.
1.- Para a gradación das respectivas sancións, valoraranse conxuntamente as seguintes circunstancias:

a Existencia dos prexuízos causados;

Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2020 04/04/2020
02/04/2020 08:00:00
11:44:32

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date04/04/2020

Page count7

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions