Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 252 luns, 04 de novembro de 2019

BOP Lugo
f Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos no eido da Participación Cidadá.
g Desenvolver actividades e/ou programas que complementen a programación realizada pola Área de Participación e Servizos para a Veciñanza.
h Non percibir, durante este exercicio económico, ningunha subvención municipal das previstas nominativamente no orzamento xeral de 2019.
i Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación dos membros da directiva.
j Non utilizar a imaxe da muller como reclamo e con connotacións de tipo sexual ou a denigración da súa imaxe acordo plenario 9/124 do día 30 -06-2016.
Artigo 3. Créditos orzamentarios e contía das subvencións No orzamento municipal para o exercicio de 2019 existe consignación orzamentaria para a concesión de subvencións segundo a continuación se indica:
Servizo Atención e Participación Cidadá
Partida orzamentaria 92400.48900

Importe 45.500€

Artigo 4. Forma e prazo de presentación de solicitudes - As solicitudes de subvención, xunto coa documentación precisa, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

- O prazo para presentar as solicitudes será de QUINCE DIAS NATURAIS, contado dende o seguinte ao da publicación oficial do extracto da covocatoria, na forma e nos termos previstos na Lei Xeral de Subvencións artigo 17.3.b, 18 e 20.8 en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS. Asimesmo publicaranse as Bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Excmo. Concello de Lugo e na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.gal, debendo inserirse no Portal de Transparencia e Bo Goberno do Concello de Lugo.
Artigo 5. Documentación para achegar coas solicitudes de subvención As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
a Asociacións inscritas no Rexistro municipal de asociacións - Solicitude, segundo o modelo do ANEXO I, no que se inclúa o compromiso de destinar a subvención que se conceda á execución do proxecto ou actividade solicitada, e a autorización ao Concello para comprobar as diferentes administracións datos tributarios e outras informacións declaradas.
- Fotocopia do NIF da persoa que actúa como representante, así como documento acreditativo desta representación.
- Declaración responsable, segundo modelo que figura no ANEXO IV destas bases, acreditativa:
1. Das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas pola entidade solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras, para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención 2. De que a actividade, proxecto, obxectivo, ou programa para o que se solicita a subvención se vai efectuar nos termos establecidos no proxecto da actividade ou programa que se presenta.
3. De que a entidade está ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias fronte á: Axencia Estatal da Administración Tributaria, á Tesourería Territorial da Seguridade Social e ao Concello de Lugo, respectivamente.
4. De que a entidade non se encontra inhabilitada nen está incursa en ningunha das causas de prohibición sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións para obter a condición de beneficiaria da subvención.
5 . De que o persoal que desenvolve as súas funcións nesta entidade non ten relación laboral ningunha co Concello de Lugo.
6. De que a entidade lle ten comunicado ao Servizo de Participación Cidadá o orzamento, programa de actividades e número de persoas asociadas correspondentes ao ano 2019.
- No caso de subvencións solicitadas para o desenvolvemento de proxecto, actividade ou programa, deberán presentar unha memoria explicativa, cunha relación de gastos e ingresos, obxectivos, interese xeral, etc. segundo
Anuncio publicado en: Num BOP 252 año 2019 04/11/2019
31/10/2019 08:00:00
14:10:46

A convocatoria para a concesións das subvencións previstas nas presentes bases, segundo o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro xeral de subvencións se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP a través da Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS artigo 17.3b, 18 e 20.8

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha04/11/2019

Nro. de páginas36

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones