Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 252 luns, 04 de novembro de 2019

BOP Lugo
Becerreá. 28 de outubro de 2019.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 3255

LUGO
Anuncio Por medio do presente faise público que a Xunta de Goberno Local núm. 25/685, de data 23 de outubro de 2019, ACORDOU:
PRIMEIRO.- Que á vista da actualización do IV Plan estratéxico de subvencións mediante acordo 29/421 da Xunta de Goberno Local de data 10 de xullo de 2019, se proceda á convocatoria para o exercicio 2019 de subvencións ás asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido de Participación Cidadá Área de Participación e Servizos para a Veciñanza e para mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestructuras, nas que se levan a cabo estes programas e actividades-exercicio económico 2019 de conformidade coas bases establecidas neste procedemento de concorrencia competitiva.
SEGUNDO.- Aprobar o gasto de 45.500 € a que ascende o importe total das subvencións que se outorgarán por parte do Departamento de Participación Cidadá con cargo á aplicación orzamentaria 92400.48900.
TERCEIRO.- Que se proceda á aprobacións das correspondentes bases; esta convocatoria rexerase polo establecido nas seguintes BASES XERAIS REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS
ASOCIACIÓNS E PERSOAS XURÍDICO-PRIVADAS SEN ÁNIMO DE LUCRO, QUE DESENVOLVEN A SÚA
ACTIVIDADE NO EIDO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁÁREA DE PARTICIPACIÓN E SERVIZOS PARA A VECIÑANZA
E PARA MANTEMENTO, CONSERVACIÓN E PEQUENAS REPARACIÓNS DAS INFRAESTRUCTURAS, NAS QUE SE
LEVAN A CABO ESTES PROGRAMAS E ACTIVIDADES-EXERCICIO ECONÓMICO 2019.

Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, Área de Participación e Servizos para a Veciñanza ás asociacións e a entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro, no eido de participación cidadá para, o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2019, de pequenas reparacións e programas e actividades seguintes:
-Realizar actividades que dispoñan dun programa diversificado ao longo do ano.
-Fomentar a recuperación de tradicións locais.
-Desenrolar actividades culturais, formativas, educativas, preventivas, etc e todas aquelas que fomenten o civismo e a convivencia.
-Desenrolar actuacións tendentes a mellora das condicións de vida dos cidadáns e das cidadanas.
Serán subvencionables as actuacións establecidas no artigo 8 baixo a epígrafe gastos subvencionables.
Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións, a Ordenanza xeral municipal reguladora da concesión de subvencións, as bases de execución do orzamento e demais normativa legal de aplicación.
Artigo 2. Entidades beneficiarias.Requisitos.
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
a Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo.
b As entidades beneficiarias segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, Rexistro público de fundación ou calquera outro rexistro público.
c Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social. No momento da solicitude da subvención, este aspecto poderá quedar acreditado para estes efectos, coa declaración responsable incluída no Anexo IV destas bases, e no momento da xustificación da axuda deberá acreditarse mediante a presentación das certificacións ás que se refire o párrafo f do artigo 10 destas bases.
d Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
e Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.

Anuncio publicado en: Num BOP 252 año 2019 04/11/2019
31/10/2019 08:00:00
14:10:46

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha04/11/2019

Nro. de páginas36

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones