Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 9 DE NOVEMBRO DE 2019

N.º 257

CONCELLOS
BURELA
Anuncio Expediente nº : 1930/2019

Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións de tributos municipais incorporadas a este, poderase formular recurso de reposición ante o órgano competente, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente.
Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon de Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación economico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 apartado 3 da Lei 58/ 2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e 23 e 24 do R.D. 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Burela, 29 de outubro de 2019.- O Alcalde, Alfredo Llano Garcia.
R. 3323

LUGO
Anuncio DECRETO NÚMERO 19009265 DO 04/11/2019
lma. Sra. Dona MERCEDES PAULA ALVARELLOS FONDO, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos do Excmo. Concello de Lugo.
Visto que polo Decreto número 19002410 do 26/03/2019, se resolveu convocar o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o acceso en propiedade a tres prazas de Inspector/a Policía Local pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda de promoción interna, que se rexerán, polas BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A TRES PRAZAS DE INSPECTOR POLICÍA
LOCAL PERTENCENTES AO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, QUENDA DE
PROMOCIÓN INTERNA OEP 2016, aprobadas pola Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, na sesión ordinaria celebrada o vinte e tres de xaneiro de dous mil dezanove e modificadas por dito órgano na sesión celebrada o vinte de febreiro de dous mil dezanove.
O antedito Decreto foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, núm. 84, de 26 de marzo de 2019, e extracto do mesmo no Diario Oficial de Galicia número 186, de 1 de octubre de 2019.

Anuncio publicado en: Num BOP 257 año 2019 09/11/2019
08/11/2019 08:00:00
11:39:55

Aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 17 de outubro de 2019, o Padrón por liquidación das taxas do servizo de abastecemento domiciliario de augas, sumidoiros e recollida de lixo, así como o canón de auga da Xunta de Galicia, correspondente ao Cuarto Bimestre do exercicio 2019, procédese a apertura do período de información pública por prazo de vinte días hábiles a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido nas oficinas do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 5 de novembro de 2019 ata o día 5 de xaneiro de 2020.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha09/11/2019

Nro. de páginas10

Nro. de ediciones3285

Primera edición01/03/2013

Ultima edición24/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones