Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/05/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 119 luns, 27 de maio de 2019

BOP Lugo
A duración inicial do nomeamento estenderase por un período de tres anos a contar dende a data da toma de posesión, sen prexuízo da súa terminación anticipada por calquera das circunstancias previstas na normativa de aplicación e en particular pola concorrencia de calquera das previstas no artigo 24 da Lei2/2015.
Cos aspirantes que tendo superado o proceso selectivo, e pola nota final non acadasen praza, confeccionarase un listado para cubrir as baixas ou renuncias que se puideran producir entre o persoal que resultase seleccionado, procedendo ao chamamento e ao nomeamento do seguinte aspirante en puntuación.
O sistema de selección será o de oposición libre.
SEGUNDO .- PUBLICIDADE
As presentes bases estarán expostas ao público no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina do Concello durante o prazo sinalado para a presentación de instancias, co fin de posibilitar a presentación de reclamacións ou suxestións ás bases ademáis de publicarse un anuncio da convocatoria no Boletín Oficial daProvincia.
De presentarse reclamacións ás bases no período indicado que non suspenderán o prazo para a remisión de instancias para participar no proceso selectivoa selección demorarase ata a resolución das mesmas. De ser aceptada ou aceptadas algunha das reclamacións ou suxestións formuladas, abrirase un novo período de presentación de instancias de conformidade coas bases modificadas . Contra a resolución que estime ou desestime as reclamacións ás bases, non caberá recurso ningún, sen prexuízo de poder recorrer tal circunstancia xunto coa resolución que poría fin ao procedemento.
O taboleiro de anuncios da Casa do Concello será igualmente o medio para dar publicidade a tódalas notificacións dos actos que deriven do proceso selectivo iniciado coas presentes bases.
TERCEIRA.- REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES
Para seren admitidos/as os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

b Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.
c Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
d Estar en posesión do Título de Diplomatura universitaria en Traballo Social, Grao en Traballo Social ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro se deberá estar en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que o acredite, no seu caso, a homologación.
e Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
f En cumprimento do disposto no artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996, de Protección Xurídica do Menor, modificada pola Lei 26/2015 e a Lei 45/2015, de voluntariado non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos.
g Posuir carné de conducir B.
CUARTA.-SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓNDESTAS.
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán facelo constar presentando a instancia dirixida á Alcaldía do Concello de O Saviñao, que deberá ser entregada no Rexistro de Xeral de Entrada do Concello de O Saviñao no prazo de quince días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no boletín oficial da provincia e en horario de atención ao público.
A presentación de solicitudes poderá facerse en calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas. Caso de que a instancia non se presente directamente no rexistro xeral do concello o/a aspirante deberá dirixir por fax ao 982453048 ou por correo electrónico ao enderezo electrónico savinao@telefonica.net, unha copia da instancia con anterioridade ó remate do prazo na que figure a data de presentación no rexistro correspondente, aos efectos de que poida ser incluída na relación de admitidos/as.

Anuncio publicado en: Num BOP 119 año 2019 24/05/2019 11:58:33
27/05/2019 08:00:00

a Ter nacionalidade española ou algunha outra que, consonte o disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/05/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha27/05/2019

Nro. de páginas8

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones