Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/05/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 6 DE MAIO DE 2019

N.º 102

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Anuncio Resolución do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan á empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas SA BEGASA as autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Ampliación subestación Ribadeo 132/20 kV: Implantación de sistema de medida nas liñas de 132 kV como puntos fronteira entre compañías, no termo municipal de Ribadeo expediente:
IN407A 2018/8662 AT.

Primeiro.- O 02/02/2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou administrativamente, se aprobou o proxecto de execución e se declarou a utilidade pública, en concreto, do modificado ao proxecto da subestación Ribadeo 132/20 kV sistema de 132 kV, no termo municipal de Ribadeo, expediente 036/2008 AT, promovido pola empresa E.On Distribución SL actualmente, Viesgo Distribución Eléctrica SL.
Esta infraestrutura eléctrica, actualmente propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas SA BEGASA, presenta as seguintes características técnicas: Subestación eléctrica 132/20 kV unicamente a parte de 132 kV
formada basicamente por un sistema en intemperie con tipoloxía de simple barra, composto por 6 posicións dúas de liña de 132 kV, dúas de transformador de 132 kV e unha de medida de barras, e dous transformadores de 132/20/12 kV e 40/40/15 MVA de potencia, instalados, así mesmo, en intemperie, con aparellaxe composta por equipamentos convencionais e equipamentos compactos con illamento en SF 6 e edificio para albergar os equipamentos de control, protección, comunicacións, servizos auxiliares e celas de 20 kV.
Segundo.- O 07/08/2018 a empresa BEGASA presentou a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Ampliación subestación Ribadeo 132/20 kV: Implantación de sistema de medida nas liñas de 132 kV como puntos fronteira entre compañías, acompañada do proxecto de execución.
Segundo consta no proxecto de execución, esta ampliación, que ten por obxecto establecer os puntos fronteira entre compañías eléctricas, Viesgo e Begasa, consistirá na instalación de seis transformadores de intensidade, tres para cada posición de liña de 132 kV, cunha relación de transformación de 200-400-800/5-5-5-5 A. Instalaranse na posición que actualmente ocupan os illadores de apoio que se atopan entre o equipo híbrido e a entrada de liña.
Terceiro.- O 03/12/2018 a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria en adiante, xefatura territorial ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción para a devandita infraestrutura eléctrica de ampliación da subestación Ribadeo, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 24/12/2018 e no Boletín Oficial da Provincia do 27/12/2018.
Durante o período en que a devandita solicitude se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.
Cuarto.- O 06/02/2019 a xefatura territorial trasladou á Dirección Xeral de Enerxía e Minas un resumo da tramitación administrativa da devandita infraestrutura eléctrica de ampliación da subestación Ribadeo, acompañado dunha copia do expedinte, para os efectos da súa resolución.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS
Primeira.- A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas;
no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e no Decreto 9/2017,
Anuncio publicado en: Num BOP 102 año 2019 03/05/2019 14:01:31
06/05/2019 08:00:00

FEITOS

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/05/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha06/05/2019

Nro. de páginas7

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones