Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/05/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNES, 20 DE MAIO DE 2019

N.º 113

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución de 8 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, da instalación eléctrica LMT, CT E RBT QUEIMOS, no concello de Guitiriz Exp.
01/2018 A .T..
Examinado o expediente instruido a instancia da empresa Unión Fenosa Distribución S.A., con dirección para os efectos de notificación na Batundeira 2, Velle Ourense aprécianse os seguintes
Primeiro.-Con data 28 de xuño de 2018, a citada empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica LMT. CT e RBT.
QUEIMÓS, no concello de Guitiriz , presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE 27 de decembro do 2000, núm. 310, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico BOE do 27 de decembro de 2013, núm. 310 e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.
Segundo.- O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante resolución desta xefatura territorial de 16 de novembro de 2018. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso do 12 de decembro de 2018, no BOP de Lugo do 18 de decembro de 2018 e no DOG do 12 de decembro de 2018, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Guitiriz. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.
Así mesmo, practicouse notificación individual ós interesados incluidos na referida relación de bens e dereitos afectados.
Terceiro.- Enviáronselles separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Cuarto.-Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.
Quinto.-Persoal dos servizos técnicos desta xefatura territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, infórmase polos referidos servizos técnicos que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica ás que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluidos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre as que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.
A estes feitos son de aplicación os seguintes Fundamentos de dereito Primeiro.- A esta xefatura territorial correspóndelle resolver sobre a presente solicitude de acordo coas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro polo que se crea e establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e tendo en conta o Decreto 9/2017 do 12 de xaneiro DOG n 22 do 1 de febreiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro do sector eléctrico.

Anuncio publicado en: Num BOP 113 año 2019 16/05/2019 14:40:25
20/05/2019 08:00:00

Antecedentes de feito.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/05/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha20/05/2019

Nro. de páginas16

Nro. de ediciones3280

Primera edición01/03/2013

Ultima edición18/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones