Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/05/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 117 venres, 24 de maio de 2019

BOP Lugo
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria , fíxase como prazo de pago en período voluntario, dos devanditos padróns dende o16.05.2019 ata o 16.07.2019.
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan.
Monforte de Lemos, 13 de maio de 2019.- O alcalde, José Tomé Roca.
R. 1415

OUROL
O Pleno do concello de Ourol, en sesión extraordinaria celebrada o día catorce de maio de dous mil dezanove, aprobou provisionalmente o expediente de modificación de orzamento, suplemento de crédito, con cargo ao remanente líquido de tesourería polo importe de cento dezaseis mil euros, 116.000,00 €. En cumprimento do disposto no artigo 177.2, en relación co 169.1 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, coa finalidade de que durante este período de tempo, que comezará a contar dende o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se estimen pertinentes, as que deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente deste Concello.
Ourol, 14 de maio de 2019.- O Alcalde, José Luis Pajón Camba.
R. 1416

PEDRAFITA DO CEBRREIRO
Anuncio Elevado a definitivo, por non presentarse reclamacións, o acordo plenario adoptado na sesión extraordinaria 01
de abril de 2.019 de aprobación inicial do regulamento de réxime interno do centro de atención diúrna Manuel Villasol do Concello de Pedrafita do Cebreiro, faise público en cumprimento do disposto no art. 49 da Lei 7/1985 reguladora das Bases de Réxime Local:
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO CENTRO DE ATENCIÓN DIÚRNA MANUEL VILLASOL DO CONCELLO DE
PEDRAFITA DO CEBREIRO
ARTIGO 1. OBXECTO
O presente Regulamento ten por obxecto establecer as bases fundamentais de organización e funcionamento do Centro de Atención Diúrna Manuel Villasol do Concello de Pedrafita do Cebreiro. A súa finalidade inicial consiste en proporcionar un servizo de atención diúrna de calidade ás persoas maiores destinatarias do mesmo.
ARTIGO 2. IDENTIFICACIÓN DO SERVIZO
1. Identificación das entidades cotitulares do centro:
Titularidade da edificación e instalacións a Deputación Provincial de Lugo, con enderezo na rúa San Marcos 8, no Concello de Lugo e inscrita no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais co número E1328
Titularidade do servizo de atención diúrna, o Concello de Pedrafita do Cebreiro con enderezo na Praza de España nº2, e inscrita no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais co número: E0513.
2. Denominación e emprazamento do centro: Centro de Atención Diúrna para Persoas Maiores de Pedrafita do Cebreiro, sito na Avenida de Castela, nº20.
3. Datos de contacto do centro Enderezo electrónico: concello@concellopedrafita.es
Anuncio publicado en: Num BOP 117 año 2019 23/05/2019 14:41:40
24/05/2019 08:00:00

Anuncio

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/05/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha24/05/2019

Nro. de páginas72

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones