Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/05/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 116 xoves, 23 de maio de 2019

BOP de Lugo
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o Alcalde-Presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Para o cobramento dos mesmos, fíxase o período voluntario de cobramento dende o día 28 de maio de 2019 ata o día 29 de xullo de 2019, ambos os dous inclusive.
A presente publicación, nos dous supostos, de anuncio de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Burela, 13 de maio de 2019.- O Alcalde, Alfredo Llano García.
R. 1409

O CORGO
Anuncio Fanse públicas as BASES PARA CUBRIR, MEDIANTE OPOSICIÓN LIBRE, UNHA PRAZA DE ARQUITECTO
TÉCNICO DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, aprobadas por Resolución da Alcaldía do 6 de maio de 2018

1.1. Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección de funcionario de carreira para cubrir unha praza da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, posto de traballo Arquitecto técnico a media xornada, vacante na relación de postos de traballo desta Corporación, incluída na oferta de emprego público, aprobada por Resolución da alcaldía de 29 de xaneiro de 2018.
Así mesmo, o presente procedemento selectivo servirá de bolsa para futuros nomeamentos de funcionarios interinos, nos supostos establecidos no Art 23 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, e nos termos establecidos na base novena.
1.2. Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas polo establecido na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outono, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público TREBEB; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia; na Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia LEPG; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, e no no previsto nel, no Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demáis disposicións aplicables.
1.3. O sistema de selección dos aspirantes será de oposición libre.
1.4. A presente convocatoria e bases publicarase íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios e da sede electrónica do Concello do Corgo concellodocorgo.sedelectronica.gal, respectivamente. O
resto das publicacións a que faga referencia a lexislación vixente tamén se publicarán nos citados medios.
SEGUNDA.-CARACTERÍSTICAS DA PRAZA, FUNCIÓNS E INCOMPATIBILIDADES
2.1.- A praza de arquitecto técnico atópase encadrada no Grupo A, Subgrupo A2 Artigo 76 e Disposición Transitoria Terceira Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outono, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público TREBEB, Escala de Administración Xeral, Subescala Arquitecto técnico artigos 167 e seguintes do RDL 781/1986, de 18 de abril. Está dotada no Orzamento vixente, correspondéndolle as contías que anualmente se fixen polos conceptos retributivos establecidos no artigo 22 do TREBEP.
2.2.- COMETIDO FUNCIONAL.
O cometido funcional desta praza e a súa extensión consistirá na realización das funcións propias da subescala, clase e categoría na que se encadra.

Anuncio publicado en: Num BOP 116 año 2019 21/05/2019 14:33:44
23/05/2019 08:00:00

PRIMEIRA.- NORMAS XERAIS

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/05/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha23/05/2019

Nro. de páginas18

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones