Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/05/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 113 lunes, 20 de maio de 2019

BOP de Lugo
Segundo-No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da citada Lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
TerceiroÁ vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.
Cuarto.- Sen prexuízo do anterior, hai que ter en conta que conforme o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.
De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuidas, esta xefatura territorial RESOLVE:
Primeiro. Conceder a autorización administrativa á empresa Unión Fenosa Distribución S.A. para o establecemento da instalación eléctrica denominada LMT. CT e RBT. Queimós, no concello de Guitiriz , coas seguintes características técnicas principais:

Liña de Media Tensión aérea a 15 kV, cunha lonxitude de 1.356 m, con orixe no apoio 92-27-24 da LMT SDG705, no tramo entre a derivada ao CT Piñeiro e la derivada aos CCTT Pasa rín e Enfostela, en condutor A-56 e final en CT intemperie Queimós proyectado.

Centro de Transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 15
.000/400-230 V.

Líña de Baixa Tensión aérea, cunha lonxitude de 8 m, con orixe no CT proyectado, condutor tipo RZ e final en rede existente de baixa tensión.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto do presente expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que polo representante da Administración se dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos publicada no diario El Progreso do 12 de decembro de 2018, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 18 de decembro de 2018 e no Diario Oficial de Galicia do 12 de decembro de 2018, expostas no taboleiro de anuncios desta xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Guitiriz . Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas ,poderanse formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito ante esta Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Rolda da Muralla 70, 27071, Lugo.
Todo isto de acordo coas condicións seguintes:
Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto LMT. CT, RBT Queimós presentado pola empresa Unión Fenosa Distribución S.A.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.
Terceira. Deberase cumprir canto establece a lexislación técnica de liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Real Decreto 223/2008, do 15 de febreiro, así como, de ser o caso, a lexislación aplicable ás instalacións de baixa tensión e as súas instrucións técnicas complementarias de acordo co Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, ademáis do resto de normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.
Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta xefatura territorial.
Quinta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial o outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, BOE núm. 236, do 2 de outubro cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a
Anuncio publicado en: Num BOP 113 año 2019 16/05/2019 14:40:25
20/05/2019 08:00:00

Segundo. Conceder a autorización administrativa de construción para a execución do proxecto da instalación eléctrica LMT., CT, RBT Queimós asinado polo enxeñeiro industrial D. Miguel Á ngel Bernal López, colexiado número 2901.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/05/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha20/05/2019

Nro. de páginas16

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones