Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/05/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 102 luns, 6 de maio de 2019

BOP de Lugo
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA
SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio O Concello de Viveiro solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.65305.
As obras solicitadas consisten na instalación dunha tubaxe de subministro de auga duns 40 metros ao longo do camiño municipal Fonte do Souto-Garrote, para abastecer a finca de referencia catastral 27067A02600393; na zona de policía do regato de Peruxo, no lugar de Vilar, na parroquia de Covas, no concello de Viveiro Lugo.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Viveiro ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 30 de abril de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 1260

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio DECRETO NÚMERO 82.- Baralla, 2 de maio de 2019
Tendo previsto ausentarme deste termo municipal durante o período de tempo que vai dende o día 3 ata o 23 de maio de 2019, e de conformidade co previsto no artigo 63 da Lei 5/97 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e o artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo presente RESOLVO:
Primeiro.- Delegar a totalidade das funcións da Alcaldía deste concello, no primeiro tenente de alcalde, Don Manuel Rodríguez Vilela, dende o día 3 ata o 23 de maio de 2019, ambos inclusive.
Segundo.- Notificar o presente Decreto ó interesado e publicalo no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello.
Terceiro.- Dar conta ó Pleno desta delegación na primeira sesión que se celebre.
Acórdao, mándao e asínao o Sr. alcalde, D. Manuel Jesús González Capón e certifico.
Baralla, 2 de maio de 2019.- O ALCALDE, Manuel Jesús González Capón.
R. 1279

Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, en sesión de 30 de abril de 2019 o expediente de modificación de créditos número 3/2019, dentro do vixente presuposto municipal, por importe de 46.138 euros, e dando cumprimento ao establecido nos artigos 169 e 177 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Real Decreto Lexislativo 2/2004, exponse ao público, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo, que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde Presidente deste Concello.
Baralla, 2 de maio de 2019.- O ALCALDE, Manuel Jesús González Capón R. 1280

Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, en sesión de 30 de abril de 2019 o expediente de modificación de créditos número 4/2019, dentro do vixente presuposto municipal, por importe de 37.819 euros, e dando cumprimento ao establecido nos artigos 169 e 177 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Real Decreto Lexislativo 2/2004, exponse ao público, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría deste Concello, a fin de
Anuncio publicado en: Num BOP 102 año 2019 03/05/2019 14:01:31
06/05/2019 08:00:00

Pola Alcaldía, con data 2 de maio de 2019, adoptouse o seguinte:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/05/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha06/05/2019

Nro. de páginas7

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones