Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/05/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 099 xoves, 2 de maio de 2019

BOP de Lugo
CONCELLOS
BURELA
Anuncio NOTIFICACIÓN COLECTIVA DE LIQUIDACIÓNS E ANUNCIO DE COBRANZA
A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día dezasete de abril do dous mil dezanove, acordou a aprobación dos Padróns Fiscais e notificación colectiva por aplicación da TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A
TRAVÉS DE BEIRARRÚAS E RESERVA DE VÍA PUBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE e pola aplicación da TAXA POLA PRESTACIÓN DO
SERVIZO DE CEMITERIOS MUNICIPAIS do exercicio 2019.
Os Padróns expóñense ao público durante o prazo de quince días, contado a partir da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para os efectos de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos no caso de que transcorrido o devandito prazo de exposición pública non se presentase reclamación ningunha contra estes. Esta exposición servirá de notificación colectiva a tódolos contribuíntes, nos termos establecidos no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

- Normas de pagamento e extinción de débedas a. - O pagamento das débedas dos tributos en período estará comprendido entre o día 15 de maio e o 15 de xullo do 2019.
b.- O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, na que se presentará o documento de ingreso que se envía por correo aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria ou nas oficinas municipais, e realizarán igualmente o pagamento.
Unha vez transcorrido o prazo de ingreso voluntario sen que se satisfaga a débeda, iniciarase o período executivo, de acordo co teor dos artigos 26, 28 e 161 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o que determinará a esixencia dos xuros de demora, así como a das recargas que correspondan e, se é o caso, das custas do procedemento de constrinximento.
Burela, 17 de abril de 2019.- O alcalde, Alfredo Llano García.
R. 1207

Anuncio EXPEDIENTES 761/2019 E 762/2019. ANUNCIO EXPOSICIÓN O PÚBLICO E COBRANZA S.A.F. MARZO 2019.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Burela en sesión celebrada o día 17 de abril de 2019, prestou aprobación inicial ao Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente ao mes de marzo de 2019 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de 6.927,01 €, correspondendo 1.024,80 € a libre concorrencia e 5.902,21 € a dependencia. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no
Anuncio publicado en: Num BOP 99 año 2019 30/04/2019 14:06:39
02/05/2019 08:00:00

Contra as liquidacións incorporadas aos Padróns todos os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, segundo o disposto no artigo 14.2, do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por RDL 2/2004, do 5 de marzo, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao do remate da exposición pública do Padrón. O recurso entenderase desestimado se non se resolve expresamente no prazo dun mes dende a súa interposición. Contra a Resolución do recurso de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses dende a notificación da resolución expresa ou de seis meses dende que se produza a desestimación presunta, tal e como establece o artigo 46.1 da Lei 29/98, do 13 de xullo, Reguladora da xurisdición Contencioso-Administrativa. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se estime conveniente.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/05/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha02/05/2019

Nro. de páginas8

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones