Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 193 luns, 24 de agosto de 2020

BOP Lugo
LÁNCARA
Anuncio Decreto.- Láncara, na data da sinatura electrónica á marxe.
Tendo previsto ausentarme do termo municipal durante o mes de agosto, de acordo co establecido nos artigos 63 da Lei de Administración local de Galicia e 47.1 e 2 do Regulamento de Organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións locais.
RESOLVO
Que me substitúan na totalidade das miñas funcións:
- a segunda tenente alcalde, dona Begoña López Magdalena entre os días 1 a 14 de agosto.
- o primeiro tenente alcalde, don Pablo Rivera Capón entre os días 15 a 31 de agosto.
Notifíqueselle ós interesados.
Déase conta ao Pleno da Corporación e publíquese no BOP.
Láncara, 31 de xullo de 2020.- O alcalde, Darío A. Piñeiro López.
R. 1875

LOURENZÁ
Anuncio
Por Resolución de Alcaldía de data o día 7 de agosto de 2020, prestouse aprobación inicial ao Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente o mes de Xullo de 2020 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de tres mil catrocentos corenta e tres euros con doce céntimos de euro 3.443,12€ , dos que dous mil cincocentos oitenta e oito euros con doce céntimos de euro 2.588,12€
correspondente a dependencia , e oitocentos cincuenta e cinco euros 855,00€ son de libre concorrencia.
Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria 58/2003 de 17 de decembro, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días , contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública , non se formula ningunha reclamación.
Así mesmo , e de conformidade con artigo 253.1 da citada Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante a Sra. Alcaldesa-Presidente , no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas.
O prazo de cobro , en período voluntario será de dous meses dende a publicación do Edicto de aprobación, transcorrido o mesmo procederase a esixir os xuros de mora e os recargas de acordo cos artigos 26 a 28 da Lei Xeral Tributaria.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público do Padrón e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei Xeral tributaria.
Lourenzá, 7 de agosto de 2020.- A Alcaldesa Presidente, D. Rocío López García.
R. 1876

Anuncio publicado en: Num BOP 193 año 2020 24/08/2020
21/08/2020 08:00:00
12:04:28

EXPOSICIÓN O PÚBLICO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/08/2020

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions