Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 190 xoves, 20 de agosto de 2020

BOP Lugo
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días naturais a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, nº 70, 2º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 12 de agosto de 2020.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 1851

BALEIRA
Anuncio O Sr. Alcalde do Concello de Baleira en data 10/08/2020 aprobou os padróns das taxas pola prestación do servicio de abastecemento de auga, recollida de lixo, taxa de alcantarillado e canon da auga correspondentes ó 3º bimestre do 2020. Durante o prazo de 15 días os padróns estarán expostos ao público nestas oficinas municipais para o seu exame e posibles reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria e o no artigo 68.1 b do Regulamento xeral de recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre o 07/08/2020 e 06/10/2020 ámbolos dous inclusive. Aos contribuíntes que teñan domiciliados os recibos seranlles cargados nas súas respectivas contas bancarias a partir do día 10/08/2020. Ao resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas municipais onde se lles facilitarán os correspondentes recibos para efectuar o pago.
Transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario as débedas serán esixidas por vía de constrinximento no caso do canon da auga pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e devengarán os correspondentes recargos do período executivo, xuros de demora e, no seu caso, costas que se produzan.
Publica-la aprobación do padrón e o anuncio de cobranza no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e Taboleiro de Edictos do Concello. Ao amparo do artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, a publicación terá os efectos de notificación colectiva das respectivas liquidacións tributarias de cada un dos suxeitos pasivos.
Baleira, 11 de agosto de 2020.- O Alcalde. Ángel Enrique Martínez-Puga López.
R. 1863

BECERREÁ
Anuncio AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS
PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO VÍA KNIG I DE BECERREÁ, BARALLA E AS NOGAIS
Primeiro.- Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, as cales desempeñan actividades que están directamente relacionadas coa formación impartida no Obradoiro Dual de Emprego de Becerreá, Baralla e As Nogais, no que se impartíu a formación necesaria para obter o Certificado de Profesionalidade EOCB0211 Pavimentos e albanelaría de urbanización, que contraten traballadores/as por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos Concellos de Becerreá, Baralla e As Nogais.
Segundo.- Obxecto: Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no Obradoiro Dual de Emprego de Becerreá, Baralla e As Nogais, financiados a través da convocatoria de 2019 de axudas e subvencións a Obradoiros Duais de Emprego, pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pertencente á Consellería de Econpmía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Anuncio publicado en: Num BOP 190 año 2020 20/08/2020
19/08/2020 08:00:00
12:31:02

Contra o acordo de aprobación do referido padrón e as liquidacións incorporadas a el poderase interpor recurso de reposición ante O Sr. Alcalde, no prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interporse recurso contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición. A
repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo de un mes dende a presente publicación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/08/2020

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions