Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 188 martes, 18 de agosto de 2020

BOP Lugo
VEHÍCULOS, EMBARCACIÓNS E AERONAVES
-

Peugeot 407 Premium 2.0 HDI. Data de adquisición: 29-07-2016

-

Ford Fiesta 1.6 TDCO Steel 5P 66 kw. Data de adquisición:10-02-2006

ACTIVIDADES
ACTIVIDADES PUBLICAS DESEMPEÑADAS
Exercicio da función pública ou de calquera posto ó servizo dunha Administración Pública.
-

Servizo Galego de Saúde
INGRESOS CON CARGO Ó SECTOR PÚBLICO
-

Ingresos brutos anuais: 54.316,68

A administración da que dependo é Servizo Galego de Saúde SERGAS
O que se fai público para os oportunos efectos.
LUGO, 11 DE AGOSTO DE 2020.- O PRESIDENTE, José Tomé Roca. A SECRETARIA, María Esther Álvarez Martínez.
R. 1830

CONCELLOS
BARREIROS

Por Resolución da alcaldía de data 7 de agosto de 2020, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, lixo e Canon de auga da Xunta, correspondente ao 3º bimestre do exercicio 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente anuncio no BOP de Lugo, durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido dirixíndose á Secretaría do Concelloa través da Sede Electrónica do Concello de Barreiros https barreiros.sedelectronica.es/, do correo electrónico administracion@concellodebarreiros.gal, telefonicamente ou presencialmente, solicitando cita previa, e presentar as alegacións que estimen oportunas.
Asemade, establécese o prazo para o pagamento en voluntaria no período comprendido entre o 15 de agosto e o 15 de setembro de 2020.
Contra o acto de aprobación do padrón e da liquidación de tributos municipais incorporada a este, poderase formular recurso de reposición ante esta Alcaldía, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Barreiros, 7 de agosto do 2020.- A alcaldesa, Ana Belén Ermida Igrexas.
R. 1831

O CORGO
Anuncio Ao quedar definitivamente aprobada polo Pleno deste Concello a relación de postos de traballo municipal para o exercicio 2020, segundo acordo adoptado en sesión celebrada o 25 de xuño de dous mil vinte, de acordo co preceptuado polo artigo 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, e polo artigo 202.3 da Lei 2/2015, do 29
de abril, do emprego público de Galicia, reprodúcese a continuación:

Anuncio publicado en: Num BOP 188 año 2020 18/08/2020
17/08/2020 08:00:00
13:02:25

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/08/2020

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions