Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

7

Núm. 186 venres, 14 de agosto de 2020

BOP Lugo
RIBEIRA DE PIQUÍN
Anuncio O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 10 de agosto de 2020, acordou a aprobación provisional da Ordenanza fiscal reguladora da taxa do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais e polas canteiras do Concello de Ribeira de Piquín.
E en cumprimento do disposto no artigo 17 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e no artigo 49.b da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, sométese o expediente a información pública polo prazo de TRINTA 30
DÍAS HÁBILES a contar desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Considerarase definitivamente adoptado o acordo no caso de que non se presentasen reclamacións ao expediente no prazo anteriormente indicado.
Ribeira de Piquín, 10 de agosto de 2020.- Alcalde-presidente, Roberto Fernández Rico.
R. 1825

Aprobada inicialmente a Ordenanza xeral reguladora do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais e polas canteiras do Concello de Ribeira de Piquín, por acordo do Pleno de data 10 de agosto de 2020, de conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de TRINTA 30 DÍAS HÁBILES, a contar desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen oportunas.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
Considerarase definitivamente adoptado o acordo no caso de que non se presentasen reclamacións ao expediente no prazo anteriormente indicado.
Ribeira de Piquín, 10 de agosto de 2020.- Alcalde-presidente, Roberto Fernández Rico.
R. 1826

RIOTORTO
Anuncio O Pleno deste Concello en sesión ordinaria celebrada o día 7 de agosto de 2020 acordou a aprobación da ordenanza reguladora do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais e polas canteiras.
A citada ordenanza, o referido acordo e o resto do expediente exponse ao público na Secretaría deste Concello polo prazo de trinta días hábiles a contar desde o seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Taboleiro de Anuncios para a presentación de reclamacións e suxerencias, dándose audiencia aos interesados no citado prazo.
As reclamacións deberán de presentarse no Concello nas formas legalmente establecidas e irán dirixidas ao Sr.
Alcalde, e serán resoltas no seu caso polo Pleno. De non producirse reclamacións o acordo provisional entenderase elevado a definitivo e a ordenanza considerarase definitivamente aprobada.
Riotorto, 07 de agosto de 2020.- O Alcalde, Clemente Iglesias González.
R. 1815

Anuncio O Pleno deste Concello en sesión ordinaria celebrada o día 7 de agosto de 2020 acordou a aprobación da ordenanza fiscal reguladora da taxa do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais e polas canteiras.

Anuncio publicado en: Num BOP 186 año 2020 14/08/2020
13/08/2020 08:00:00
12:58:49

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/08/2020

Page count8

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions