Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 184 mércores, 12 de agosto de 2020

BOP Lugo
APROBACIÓN DEFINITIVA DO INVENTARIO MUNICIPAL DE CAMIÑOS DO CONCELLO DE A PONTENOVA.
Visto que por acordo do Pleno, reunido en sesión ordinaria do 28/11/2019, acordouse aprobar inicialmente o inventario de camiños do Concello de A Pontenova Lugo, así como someter o expediente a información pública, durante o prazo de dous meses, mediante anuncios no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello; e, finalmente, dar traslado do acordo, xunto con copia dilixenciada do documento en formato CD, á Administración do Estado e á Xunta de Galicia, ós efectos oportunos.
Visto que se deu traslado do devandito acordo, xunto con copia dilixenciada do documento en formato CD, á Administración do Estado e á Xunta de Galicia, ós efectos oportunos, non rexistrándose alegación algunha en prazo.
Visto que o anuncio de exposición pública publicouse no BOP de Lugo nº 285, do 13/02/2019, así como no taboleiro de anuncios do Concello, non figurando na Sede electrónica do Concello debido a un erro interno de carga, polo que se procedeu a publícalo na Sede o 13/02/2020, suspendéndose o prazo con motivo da declaración do estado de alarma por Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo BOE nº 67, do 14/03/2020, reanudándose o 01/06/2020 polo tempo restante.
Visto que durante o prazo de exposición pública formuláronse as seguintes alegacións:
-Concello de A Pontenova, respecto da continuidade do camiño do epígrafe 1C.1.607, de superficie vial 130,50
m2, ata o camiño do epígrafe 1C.1.0622, de superficie vial 484,00 m2, atravesando a finca de referencia catastral 001601100PJ50A0001MI Lugar Souto de Mogos, parroquia de Conforto, por debaixo do cabozo que figura na fotografía adxunta á presente resolución, coincidindo nos planos de concentración parcelaria cunha zona excluída da concentración Decreto nº 2020-0027, de 13/02/2020.

-D María Trevín Yanes, solicitando a exclusión do corral e plazuela sita no número 6 de Boulloso, afirmando que aporta sentencia xudicial na que se indica que non hai camiño público 2020-E-RC-951, do 29/06/2020.
Visto os informes-proposta emitidos polo equipo redactor, PROCAT INGENIERÍA, S.L., ás tres alegacións formuladas, incluidos como ANEXO á presente proposta, e de conformidade co disposto no artigo 34 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, e 22.2 q da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, propoño ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:
PRIMEIRO.- Desestimar as alegacións presentadas polos particulares e estimar a alegación presentada polo Concello de A Pontenova Lugo, no sentido que figura nos informes-proposta emitidos polo equipo redactor, PROCAT INGENIERÍA, S.L., incluidos como ANEXO á presente proposta.
SEGUNDO.- Aprobar definitivamente o Inventario municipal de camiños do Concello de A Pontenova, de acordo cos informes-proposta incluidos como ANEXO á presente proposta.
TERCEIRO.- Dar traslado do presente acordo á Administración do Estado e á Xunta de Galicia, ós efectos oportunos.

Anuncio publicado en: Num BOP 184 año 2020 12/08/2020
11/08/2020 08:00:00
11:21:42

- D. Manuel Vázquez Fontangordo, solicitando exclusión parcial do camiño ubicado en Lugar de Boulloso, así como a delimitación como camiño tan so do terreno que está efectivamente destinado a camiño o solo pavimentado como vial, xa que na delimitación actual inclúese como camiño unha parte de finca privada 2020E-RC-202, do 31/01/2020.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/08/2020

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions