Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 183 martes, 11 de agosto de 2020

BOP Lugo
b Dispor dos seguros pertinentes para a realización das actuacións do Programa Musiqueando 2020. A
Deputación queda exenta de calquera responsabilidade derivada deste programa, incluídas as derivadas das situacións que se poidan producir non só durante a propia actuación, senón tamén do desprazamento previo e posterior ás actuacións por parte dos grupos participantes neste programa.
c Aceptar e asumir todas as obrigas e condicións establecidas na presente convocatoria.
d Organizar as actuacións velando polo seu correcto desenvolvemento.
e Utilizar o idioma galego nos carteis anunciadores e en toda a propaganda que se faga do evento.
f No caso en que poida realizarse a actuación expedir documentos acreditativos da realización das actuacións concedidas: declaración, certificación ou calquera outro no que se acredite a realización da actuación.
g Facer publicidade e distribuirse é o casoos carteis anunciadores de que a actuación pertence ao Programa Musiqueando pola Provincia de Lugo onde aparecerá o logo da Deputación Provincial de Lugo Área de Cultura, así como utilizarse fose o casoo material de difusión que puidese proporcionarlle a Deputación de Lugo. Esta poderá, se o considera necesario, solicitar a xustificación de uso de dita publicidade.
h Non se poderá facer ningunha modificación na actuación data/hora ou grupo asignado sen autorización expresa da Deputación, polo que se xurde calquera tipo de inconvinte deberán poñerse en contacto coa Área de Cultura:
Teléfonos de contacto: 982- 260 136/ 982- 260 260
e-mails: ms.fernandez@deputacionlugo.org /secretariacultura@deputacionlugo.org i Se algún dos solicitantes de anos anteriores non ten satisfeito a súa parte aos grupos participantes no programa, a Deputación reservarase o dereito de concesión da actuación.
j En ningún caso os beneficiarios das actuacións elixen ao Grupo de Música.

Polo que aos grupos participantes no Programa Musiqueando, as súas obrigas para acollerse a este Programa de difusión da música tradicional na vertente de música de banda, música coral e música tradicional son:
a Estar dados de alta no IAE, nunha actividade, acorde coa prestación a desenvolver.
b Responsabilizarse do cumprimento da normativa hixiénico-sanitaria vixente para a realización deste tipo de actividades por mor da COVID-19 ata o momento da realización da actuación concedida, eximíndose a Deputación de Lugo de calquera responsabilidade derivada deste aspecto.
c Se fose o caso, cando a/as actuación/óns concedidas non puidesen ser realizada/as no lugar determinado e, sempre que a súa suspensión sexa por causas derivadas coa evolución da situación hixienico-sanitaria vinculadas á evolución da COVID-19 -o avance/rebrote da pandemia e/ou do posible peche dos territorios onde se ían a realizar as actuacións concedidas, e para evitar que esta situación non supoñan unha merma para os recursos económicos dos grupos adxudicatarios, unha só actuación das concedidas a primeira delas temporalmente será xustificada necesariamente mediante unha gravación da mesma, de acordo coas características técnicas sinaladas nestas bases. Neste caso os grupos participantes neste programa deberán ceder os seus dereitos de difusión virtual da/ das gravacións á Deputación Provincial de Lugo Área de Cultura ao obxecto de poder difundilas nas súas redes sociais durante a anualidade 2020.
d Actuar, obrigatoriamente, co número de compoñentes que sinalan ter na ficha de inscrición. No caso de que non poida actuar o grupo ao completo, deben renunciar á actuación.
e Realizar as actuacións nos lugares, días e horas asinados pola Deputación de Lugo.
f Expedir as facturas legais correspondentes ás actuacións realizadas, con cargo á Deputación, o 100% do custo total de cada actuación.
g Deberán poñerse en contacto coa Área de Cultura se xurde calquera tipo de inconvinte que non permita levar a cabo a actuación.
h Utilizar o idioma galego nas presentacións das actuacións.
i As actuacións físicas en vivo terán unha duración máxima dunha hora e media 90 minutos, podendo levarse a cabo nun único pase ou pola contra en dous pases de 45 minutos cada un. Polo que se refire a duración das gravacións estará comprendida entre 20-25 minutos e coas características técnicas sinaladas nestas bases.
j Aceptar e asumir todas as obrigas e condicións establecidas na presente convocatoria.

Anuncio publicado en: Num BOP 183 año 2020 11/08/2020
10/08/2020 08:00:00
11:32:00

2. DOS GRUPOS PARTICIPANTES:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/08/2020

Page count31

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions