Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 180 venres, 7 de agosto de 2020

BOP Lugo
Os Padróns poderán ser consultados polos interesados na Deputación Provincial de Lugo/ Servizo de Xestión Tributaria e Recadación rúa Tui, nº 5-baixo 27004- Lugo e no Concello correspondente, durante o prazo de QUINCE DIAS contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As liquidacións obxecto de notificación colectiva teñen carácter provisional segundo o disposto no art. 101.4 da Lei Xeral Tributaria e, en contra destas, poderase interpoñer recurso de reposición perante o órgano competente do Concello, no prazo DUN MES, a contar dende o día seguinte da finalización do prazo de exposición. Poderase exercitar, non obstante, calquera outro recurso que se considere procedente. Todo iso, en virtude co establecido no art. 14.2 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.
Lugo, 26 de xullo de 2020.- O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019. A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.
R. 1494

Anuncio ANUNCIO DE COBRANZA
Recadacion en período voluntario de débedas tributarias de vencemento periódico.
De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario de Taxas e Prezos Públicos, relacionados abaixo, empezará a contar o día 07/08/2020 e finalizará o día 07/10/2020, ambos os dous incluidos.
Relación de tributos e concellos:
PERIODO

TAXAS

O INCIO

2º-TRIMESTRE-2020

A PONTENOVA

1º-TRIMESTRE-2020

SAMOS

1º-SEMESTRE-2020

Taxa pola recollida de lixo
O SAVIÑAO

1º-SEMESTRE-2020

Taxa pola recollida de lixo
TRABADA

1º-SEMESTRE-2020

Taxa pola recollida de lixo
O PARAMO

1º-TRIMESTRE-2020

Taxa de recollida de residuos sólidos urbanos
POL

1º-TRIMESTRE-2020

Taxa de recollida de residuos sólidos urbanos
NAVIA DE SUARNA

2º-TRIMESTRE-2020

Taxa pola recollida de lixo
Taxa de recollida de lixo e pola subministración de auga, e Canon auga Xunta de Galicia Taxa de recollida de lixo , auga,, sumidoiros e Canon auga Xunta de Galicia
O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, La Caixa - Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. BBVA e Banco Sabadell S.A., en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento.
O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.
Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon da Auga e do Coeficiente de Vertedura, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuíente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga e do Coeficiente de Vertedura poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.

Anuncio publicado en: Num BOP 180 año 2020 07/08/2020
06/08/2020 08:00:00
12:25:32

CONCELLO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/08/2020

Page count18

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions