Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 176 luns, 3 de agosto de 2020

BOP Lugo
Titular: Don José Domingo Rodríguez Ferreira, asesor técnico no Servizo de Contratación e Fomento da Deputación de Lugo.
Suplente: Dona Margarita Tarrío Álvarez, xefa da Sección de Contratación da Deputación de Lugo.
SECRETARIA/O:
Titular: Dona María Esther Álvarez Martínez, secretaria xeral da Deputación de Lugo.
Suplente: Don Manuel Castiñeira Castiñeira, secretario - interventor, xefe do Servizo de Asistencia Xurídica, Técnica e Económica aos Concellos da Deputación de Lugo.
3º.- Citar aos membros do Tribunal para que comparezan o MARTES día 15 de SETEMBRO de 2020 ás 9:30 horas na Sala de Reunións do Servizo de RRHH da Deputación de Lugo, para a súa Constitución.
4º.- Citar aos membros do Tribunal e máis aos aspirantes para que comparezan o MARTES día 22 de SETEMBRO
de 2020 ás 9:30 horas, no Salón de Plenos da Deputación de Lugo, para a realización do primeiro exercicio da oposición.
5º.- Publicar a presente resolución no Taboleiro de Edictos, na páxina web desta Entidade e no Boletín Oficial da Provincia BOP.
A subsanación de erros e alegacións á listaxe provisional, poderá realizarse no prazo de dez días contados dende o día seguinte á publicación desta resolución no BOP.
De non presentarse ningunha alegación á listaxe provisional, esta entenderase definitiva sen necesidade de nova publicación.

Cando as impugnacións teñan por causa a composición do Tribunal, rexeranse polo establecido nos artigo 23 e 24 da Lei 40/2015 de 1 de outubro do Réxime Xurídico do Sector Público.
Non obstante, os interesados poderán presentar as alegacións que estimen convenientes para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento conforme ao artigo 112.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administración Públicas.
Polo anteriormente exposto e, en uso das facultades que lle confire a esta Presidencia o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO:
Prestar aprobación á proposta anteriormente transcrita en todas as súas partes.
Pazo Provincial, 27 de xullo de 2020. A secretaria xeral, María Esther Álvarez Martínez.
R. 1661

CONCELLOS
CERVANTES
Anuncio Información pública Aprobados por Resolución de alcaldía de data 24 de xullo de 2020, os padróns que a continuación se relacionan, expóñense ao público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo:

Taxa polo servizo de recollida domiciliaria do lixo 2º trimestre de 2020.

Taxa polo servizo de subministro domiciliario de auga potable e canon da auga 2º trimestre de 2020.
Recursos: Contra o acordo da aprobación dos padróns poderase interpor recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: un mes contado dende o día inmediato seguinte ao do término do período de exposición ao público dos padróns.
Órgano ante o que se recorre: Alcalde do concello de Cervantes.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei reguladora da referida xurisdición.

Anuncio publicado en: Num BOP 176 año 2020 03/08/2020
31/07/2020 08:00:00
13:33:51

Contra a listaxe definitiva poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante do Presidente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da publicación desta resolución no BOP ou ben recurso contencioso - administrativo diante do Xulgado Contencioso - Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte da citada publicación sen prexuízo de que se interpoña calquera outra que se estime oportuno.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/08/2020

Page count14

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions