Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 272 mércores, 27 de novembro de 2019

BOP Lugo
b Considérase entronque á rede as obras necesarias pinchazo da rede, instalación de collarín, tubería de acometida de corte para conectar mediante a a cometida, desde o trazado da rede xeral ao límite da edificación con tubería de P.V.C., cuha lonxitude máxima de 5 metros. Se a distancia de conexión fose maior de 5 metros considerarase un ramal da rede xeral, correndo os custos de conexión a cargo do usuario, que deberá seguir as especificacións técnicas do Concello para garantir unha correcta realización das obras. Os custos de instalación dos entronques provisionais serán a cargo do propietario ou promotor das obras.
c A instalación do contador ou medidor do caudal de suministro de auga corresponde ao usuario, que será do tipo aprobado e verificado pola Consellería da Comunidade Autónoma competente na materia, así como os custos de instalación, conexión y desconexión. Así mesmo deberá procederse á instalación dunha válvula reguladora de presión homologada, co fin de evitar nas vivendas que non teñan as súas instalacións actualizadas.
d A sustitución ou reparación dos contadores inutilizados ou averiados polo seu uso normal ou por razóns diferentes serán por conta do aboado.
e Os contadores estarán colocados a unha altura da rasante da rúa ou beirarrúa de entre 40 e 60 cm., de libre acceso para a súa lectura e consecuentemente no límite da propiedade privada coa rúa ou camiño público. A
titularidade tanto do contador como da instalación existente deste ésta ata a vivenda ou construcción corresponden ao aboado, sendo por conta deste os custos de reparación ou reposición que requiran.
f O aboado estára obrigado a facilitar o acceso ao contador ao persoal encargado da súa lectura.
gTodos os propietarios de obras ou promotores das mesmas que requiran unha toma de auga deberán, previa autorización municipal, proverse de contador, suxeito ao pago da tarifa por entronque provisional e ás cotas reguladas no artigo 3º da presente Ordenanza.
Cando a xuizo dos Servizos Municipais se considere concluída a obra procederase ao precinto do contador do entronque provisional. En todo caso estimarase acabada a obra na data do vencemento do prazo de vixencia da licenza da obra.

por carecer de contador: 300,00 €
polo período de tempo que ten consumido auga sen contador, ademáis, a cota fixa mensual e a correspondente a un consumo de 21 mº en adelante.
i Aos propietarios de vivendas, locais ou obras, por manipulación do contador ou de calquera outro elemento do mesmo, aplicaraselle a sanción de 500,00 €.
j Os titulares de explotacións agrícolas, forestais ou gandeiras que, de conformidade co artigo 10.1.c do Decreto 136/2012, de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento de canon da auga e do coeficiente da vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais, non se atopan suxeitos ao canon da auga, deberán instalar un contador individualizado para o citado uso, que deberá cumprir as condicións previstas nesta Ordenanza e acreditar a súa condición de tales.
k O impago de dous trimestres consecutivos ou non consecutivos dará lugar ao corte de suministro de auga, sempre previa audiencia ao interesado, por prazo de 15 días hábiles, producíndose a recuperación do servizo unha vez aboados os importes pendentes de pago.
l En caso de avaría no contador facturarase, durante todo o período afectado, dende a última lectura anterior ata a solución da avaría, unha cantidade proporcional ao consumo medio do ano natural incrementado nun 20%.
Artigo 7.- Infraccións e sancións En todo o relativo a calificación das infraccións tributarias, así como as sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICION FINAL
A presente Ordenanza fiscal foi modificada e aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 24 de setembro de 2019 e entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 2019, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
O Incio, 20 de novembro de 2019.- O ALCALDE, Hector Manuel Corujo González.
R. 3539

SOBER
Anuncio DECRETO DE ALCALDÍA D. LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SOBER LUGO.
DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS

Anuncio publicado en: Num BOP 272 año 2019 27/11/2019
26/11/2019 08:00:00
13:59:07

h As vivendas, locais ou obras que non estivesen provistas de contador aplicaranselles as seguintes sancións:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha27/11/2019

Nro. de páginas10

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones