Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 262 venres, 15 de novembro de 2019

BOP Lugo
A Xunta de Goberno, por unanimidade dos asistentes acorda prestar aprobación á proposta presentada e anteriormente transcrita.
BASES ESPECÍFICAS QUE REXERÁN O CONCURSO - OPOSICIÓN AO OBXECTO DE CONSTITUÍR UNHA LISTAXE
DE EMPREGO TEMPORAL DE AUXILIAR DE ARQUIVO.
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA: Constitución de listaxe de aspirantes a prestar servizos temporais como AUXILIAR DE ARQUIVO.
2.- RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino regulado no art. 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30
de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
3.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA/POSTO/EMPREGO:

DENOMINACIÓN: AUXILIAR DE ARQUIVO.

GRUPO/SUBGRUPO DE CLASIFICACIÓN: C/C1.

CLASIFICACIÓN: Escala de Administración Especial. Subescala Servizos Especiais.

4.- BASES DA CONVOCATORIA:
A BASES XERAIS :Con respecto ás Bases Xerais que rexerán neste procedemento selectivos estarase ás aprobadas por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión do día 04 de decembro de 2015 publicadas no BOP
nº 289 de data 17/12/2015.
B BASES ESPECÍFICAS: As bases específicas que rexeran este proceso selectivo para constituír a listaxe serán as recollidas nos seguintes apartados
O cometido funcional desta praza e posto de traballo consistirá na realización das funcións propias da praza, conforme á titulación esixida, baixo a dirección e supervisión correspondente, así como outras, que dentro da súa competencia, poidan ser encomendadas polos órganos competentes da Deputación provincial en calquera dos servizos desta.
Os ocupantes destes postos realizarán as funcións que, conforme á relación de postos de traballo vixente ou disposición que a substitúa, se determinen para este.
En ausencia de fixación destas na RPT, realizará as que lle sexa atribuídas por calquera outra norma, polo Xefe da Área ou Servizo correspondente de acordo coas necesidades do centro, área ou servizo.
6.- REQUISITOS INDISPENSABLES. TITULACIÓN ACADÉMICA:
Bacharelato ou Técnico art. 76 EBEP
7.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4.
8.- PROGRAMA.
A MATERIAS COMÚNS.
Tema 1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais desta. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns.
Tema 2.- A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo BOP nº 056 do 10/03/2011: Órganos de decisión colexiados e unipersoais e organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de xestión administrativa. A Deputación Provincial de Lugo. Organización desta.
Tema 3.- O procedemento administrativo común. Os interesados. Fases do procedemento administrativo común:
Iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución. O expediente administrativo e os principais documentos administrativos nel contidos. A administración electrónica.
Tema 4.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas.
B MATERIAS ESPECÍFICAS.
TEMAS INFORMÁTICA
Tema 1.- Concepto, evolución e tendencias dos sistemas operativos. Sistemas operativos: Sistemas operativos Windows e sistemas operativos Unix-Linux.
Tema 2.- Modelo xenérico de un ordenador: arquitectura de un sistema informático. Compoñentes de un equipo informático e fundamentos Hardware. CPU, RAM, Disco Duro, etc. Dispositivos de entrada e saída E/S.
Controladores e periféricos.

Anuncio publicado en: Num BOP 262 año 2019 15/11/2019
14/11/2019 08:00:00
13:07:38

5.- FUNCIÓNS DA PRAZA/POSTO DE TRABALLO:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/11/2019

Nro. de páginas21

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones