Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 258 luns, 11 de novembro de 2019

BOP Lugo
Cláusula 3. Capacidade para contratar.
Poderán concorrer á presente licitación por sí o mediante representación, as persoas físicas ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que conten coa plena posesión da súa capacidade de obrar e non se atopen comprendidas en ningunha das circunstancias que sinala o artigo 71 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
Cláusula 4. Procedemento de alleamento.
O presente procedemento de alleamento efectuarase en réxime de concorrencia, mediante poxa pública á alza ou ascendente de xeito que comenzará por un prezo de saída que se irá incrementando a través de sucesivas poxas ata que quede un único participante ao que se adxudicará o exemplar bovino interesado ao prezo de remate ou prezo da última poxa realizada polo mellor ofertante e por tanto este será o prezo que terá que pagar o comprador, excluído os impostos pertinentes e os gastos de transporte ou doutra índole.
A poxa será en vivo e a mao alzada na que se poxará en cada momento e de xeito individualizado polo exemplar que se está licitando.
Cláusula 5. Convocatoria da poxa.
A referida poxa celebrarase nas instalacións da Granxa Provincial Gayoso Castro situada no Concello de Castro de Rei en Lugo, a cuxos efectos a coordinación e asistencia será realizada por persoal adscrito á Granxa Provincial.
A convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia e a poxa se celebrará as 10:00 horas do décimo día natural a contar dende o seguinte á dita publicación.
Cláusula 6. Tipo mínimo de adxudicación.
Cada cabeza de gando adxudicarase a favor de quen presente a oferta mais vantaxosa sobre o prezo que para cada exemplar se sinala a continuación:

Cachenos entre 1 e 2 anos: 300€/animal. Excepto o animal coa identificación ES001111946850: cuxo prezo mínimo será de 100 €
Cachenos de 8 meses e menores: 200€/animal Vacas desvelle: 400€/animal Becerros carniceiros: 400€/animal Becerros mais de 50 días:60€/animal Becerro nacido o 06/10/19 e a femia coa identificación ES061112366623 aínda que ten mais de 50 días:
30€/animal Por debaixo do prezo mínimo establecido para cada exemplar non se efectuará ningunha adxudicación.
A oferta económica consistirá unicamente en diñeiro metálico e non se admitirá aprazamento no pagamento.
Cláusula 7. Gastos esixibles ao adxudicatario.
Para tomar parte na poxa non se esixirá aos licitadores a constitución de garantía.
Si serán por conta do adxudicatario os impostos pertinentes e os gastos derivados de transporte ou doutra índole.
Cláusula 8. Forma de presentación das solicitudes de participación.
Os licitadores que concorran á poxa a mao alzada aportará ante a Mesa de poxa a documentación de carácter xeral esixida en sobre pechado que debe indicar na parte exterior: "PROPOSICIÓN PARA TOMAR PARTE NA POXA
DE DIVERSAS CABEZAS DE GANDO DA GRANXA PROVINCIAL GAYOSO CASTRO Anexo I.
O sobre deberá ir asinado polo licitador ou persoa que o represente; e inserirase o seguinte contido:
DOCUMENTACIÓN XERAL: Documentación referente ás condicións para ser admitido ao procedemento:
Solicitude, de acordo co Anexo I.
Os que comparezan ou asinen proposicións en nome de outro deberán acreditar a representación mediante documento orixinal, copia auténtica, lexitimada ou fotocopia compulsada da escritura de apoderamento do representado e debidamente inscrita no rexistro mercantil, se este requisito fose esixible. Así mesmo, en calquera caso, deberá achegar copia do DNI da persoa que asine a proposición económica.
Declaración responsable de non se atopar en causa de prohibición ou incompatibilidade para contratar coa administración Anexo II.

Anuncio publicado en: Num BOP 258 año 2019 11/11/2019
08/11/2019 08:00:00
13:03:49

Cachenos mais de 2 anos: 350 €/animal

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha11/11/2019

Nro. de páginas26

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones