Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 254 mércores, 6 de novembro de 2019

BOP Lugo
XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución sobre o calendario laboral do ano 2020 para a Provincia de Lugo O DECRETO 81/2019, do 27 de xuño publicado no DOG 132, de 12 de Xullo de 2019, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2020, recolle no artigo 2 o seguinte:
"Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no artigo 1.11 do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma será determinada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia".
Á vista do que antecede, esta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria elabora, para a provincia de Lugo, o seguinte Calendario laboral 2020
Decláranse inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito de cadanseu concello segundo a proposta dos mesmos, as datas recollidas na táboa anexa.

Lugo, 30 de outubro de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López
Anuncio publicado en: Num BOP 254 año 2019 06/11/2019
05/11/2019 08:00:00
14:26:57

Todas as empresas da provincia deberán ter exposto nun lugar visible do centro de traballo o calendario laboral para o ano 2020, de conformidade co establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos Traballadores, para coñecemento e consulta dos traballadores.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha06/11/2019

Nro. de páginas15

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones