Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

34

Núm. 252 luns, 04 de novembro de 2019

BOP Lugo
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións.
Primeiro.-Requisitos para ser entidades beneficiarias.
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
1 Estar legalmente constituídas e domiciliadas no municipio de Lugo e figurar inscritas, cunha antigidade de 3
meses, nos seguintes rexistros:
a As entidades que teñan a personalidade xurídica de asociación sen ánimo de lucro deberán figurar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lugo.
b As entidades que teñan a personalidade xurídica de fundación deberán figurar inscritas nalgún rexistro público de fundación, xa sexa autonómico, estatal ou en ambos os dous.
c As entidades relixiosas deberán acreditar tal condición a través da inscrición nalgún rexistro público.
Excepcionalmente, cando a actividade teña interese social, económico ou humanitario para as veciñas e veciños do municipio de Lugo, poderanse conceder subvencións a entidades foráneas e non inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lugo. A fundamentación do dito interese acreditarase mediante a achega dunha memoria para o efecto. En todo caso, as actividades ou proxectos financiados a través de subvención municipal deben desenvolverse no termo municipal ou ir dirixidos ás veciñas e aos veciños do concello de Lugo, e redundar nun beneficio para a súa cidadanía.
2 Non ser debedoras da Facenda Pública, Autonómica e Concello de Lugo, e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.

4 Ter debidamente xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo, ou xustificación razoada do motivo do incumprimento da obriga de xustificar.
Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións ou entidades que durante o exercicio 2018 perciban outra subvención municipal para o seu desenvolvemento do mesmo ou diferente programa, a excepción das axudas para a celebración das festas do Lume Novo nos barrios e parroquias do municipio de Lugo para o ano 2018, que serán compatibles con estas subvencións.
Segundo.- Bases reguladoras As bases xerais reguladoras da concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro de caracter veciñal, educativo, profesional e de medio ambiente para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento de equipamentos - exercicio 2018, aprobounas a Xunta de Goberno local do Concello de Lugo, acordo número 15/636, na sesión ordinaria que tivo lugar o 7 de novembro de 2018, e publicáranse no BOP de Lugo o 13 de novembro de 2018.
Terceiro. Contía No orzamento municipal para o exercicio 2018 existe consignación orzamentaria para a concesión de subvencións para a Oficina de Participación Cidadá, aplicación 92400.48900, por un importe de 45.500. euros.
A concesión ou denegación das subvencións así como a súa cuantificación económica efectuaranse tendo en conta os seguintes criterios:
VALORACIÓN DO PROGRAMA PRESENTADO:
1.- Representatividade: Distribuiranse como máximo 3 puntos en proporción ao número de persoas asociadas.
2.- IGUALDADE : Distribuiranse como máximo 3 puntos:
-Porcentaxe de mulleres na directiva como mínimo ao 50 1 punto.
-Que a entidade conte cunha vogalía ou departamento de muller ou igualdade ou que todas as súas actividades estean dirixidas á defensa dos dereitos da mulleres 1punto.
-Utilizar unha linguaxe non sexista nas súas comunicacións, carteis, programas, etc 1punto.
Con carácter xeral as asociacións deben comprometerse a non realizar actos ou publicidade que insulten ou agridan ás mulleres, incluídos aqueles actos ou prácticas sexistas que perpetúan unha imaxe estereotipada das mulleres e afianzan a discriminación.
3.- Explicación detallada do proxecto. Informe preciso e detallado de cada unha das actividades para realizar e contías que se deben destinar a elas, debidamente desagregadas. .. Ata 2 puntos.

Anuncio publicado en: Num BOP 252 año 2019 04/11/2019
31/10/2019 08:00:00
14:10:46

3 Non estar incursas en ningunha das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha04/11/2019

Nro. de páginas36

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones