Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 029 luns, 4 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
Base Cuarta. Igualdade de condicións De acordo co establecido nos artigos 59 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Emprego Público en concordancia co previsto no Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa inclusión social, nas presentes probas serán admitidas as persoas con discapacidade en igualdade de condicións que os demais aspirantes. Os aspirantes discapacitados deberán presentar certificación expedida polo órgano competente da Comunidade Autónoma ou da Administración do Estado, que acredite tal condición, así como a súa capacidade para desempeñar as tarefas correspondentes á praza/posto/emprego obxecto da presente convocatoria.
O Tribunal de selección establecerá, para as persoas con discapacidade que así o soliciten, as adaptacións posibles, de tempo e medios, para a realización das probas. Para ese efecto, os interesados deberán presentar a petición correspondente na solicitude de participación na convocatoria.
Base Quinta. Funcións asignadas ao posto de administrativo.
Son funcións do posto, en xeral, as propias dun administrativo de xestión económica administrativa, consistentes en tarefas de colaboración ás funcións de nivel superior iniciar, redactar e tramitar expedientes, rexistrar, arquivar e controlar os expedentes, realización de xestión de carácter administrativo e económico, relacións coas empresas contratistas, etc ou calquera outra afín á categoría do posto e semellantes as descritas que lle sexan encomendadas e resulten necesarias por razóns do servizo.
Con carácter particular, as seguintes:

Colaboración no seguimento dos contratos en vigor do Consorcio.

Colaboración na modificación dos contratos actualmente existentes no consorcio.

Colaboración en xestións de carácter laboral referentes ao consorcio
Colaboración coa Secretaría do Consorcio e a Xerencia na execución dos acordos adoptados polos órganos do Consorcio.

Seguimento dos expedientes tramitados no Consorcio.

Actualización da páxina web do Consorcio.

Base sexta. Solicitudes.
a Os interesados presentarán a solicitude de inscrición segundo o modelo que se adxunta ás presentes Bases como Anexo II, que estará a disposición dos interesados no Rexistro Xeral de Consorcio e na páxina web do consorcio: https salvamentolugo.org b Lugar e prazo de presentación de solicitudes. Presentaranse no Rexistro Xeral do Consorcio. Praza de san Marcos, 8 establecéndose para iso un prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo.
c Documentación. Á instancia acompañarase da seguinte documentación:
Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos da nacionalidade do aspirante: DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo da nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Declaración responsable de reunir os requisitos esixidos na convocatoria e, no seu caso os esixidos para o nomeamento como funcionario interino.
Fotocopia compulsada da certificación que acredite o coñecemento do idioma galego esixido como mínimo nas bases Celga 4 ou equivalente. En caso de non achegar a documentación acreditativa do Celga 4 ou equivalente, os aspirantes estarán obrigados á realización da proba de galego á que se refire a base oitava.
Base sétima. Lista de admitidos.
Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de TRES DÍAS NATURAIS, ditarase resolución, declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos con mención expresa do motivo de exclusión no seu caso, que se fará pública na Taboleiro de anuncios do Consorcio e na páxina web da entidade, concedéndose aos aspirantes un prazo de 3 DÍAS NATURAIS para a corrección de solicitudes e presentación de reclamacións. Se transcorrese devandito prazo sen que se formule reclamación algunha, a lista elevarase a definitiva automaticamente sen necesidade de nova resolución nin publicación.
Así mesmo, xunto á publicación das listas provisionais será obxecto de publicación a composición do Tribunal Cualificador nomeado de conformidade coa base décima. Contra o nomeamento dos membros deste tribunal se poderá presentar no prazo de TRES DÍAS NATURAIS solicitude de recusación.

Anuncio publicado en: Num BOP 29 año 2019 01/02/2019 13:18:56
04/02/2019 08:00:00

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha04/02/2019

Nro. de páginas15

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728