Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 029 luns, 4 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
O nomeamento como persoal funcionario interino realizarase ao abeiro do establecido no art. 10. 1 d, Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, polo exceso ou acumulación de tarefas e polo prazo máximo de seis meses, dentro dun período de doce meses.
Ademais, as prazas/postos/empregos vacantes de carácter temporal, correspondentes á categoría sinalada, poderán ser cubertas, como consecuencia dalgúns dos supostos seguintes, con arranxo á bolsa regulada nas presentes bases:
a Substitución de persoal en situación de incapacidade temporal.
b Substitución de persoal durante os períodos de descanso por maternidade, adopción, acollemento, risco durante o embarazo ou risco durante a lactación natural.
Substitución de persoal en situación de excedencia, comisión de servizos con dereito a reserva de posto ou situación de servizos especiais.
c Substitución de persoal vítima de violencia de xénero que suspendesen o seu contrato de traballo nos termos da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
d Por necesidade urxente de cobertura de praza vacante ou acumulación de tarefas. A contratación para este suposto poderá a xornada parcial en función das dispoñibilidades orzamentarias.
Base segunda: Lexislación de aplicación.
Ás presentes probas selectivas seranlles de aplicación:
1.- Real Decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

3.- Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado.
4.- Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
5.- Bases desta convocatoria.
Base terceira. Requisitos de participación.
Para poder tomar parte no presente proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos art.
56 TREBEP:
1. Posuír a nacionalidade española ou a dalgúns dos Estados membros da Unión Europea, de conformidade co disposto nos artigos 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.
2. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
3. Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
4. Non acharse comprendido en ningunha das causas de incompatibilidade ou incapacidade establecidas na lexislación vixente para o persoal ao servizo das Administracións Públicas.
5. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha das Administracións Públicas nin acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á Función Pública.
6. Estar en posesión do Título de Bacharelato ou Técnico Medio ou equivalente, con arranxo á lexislación vixente. En todo caso, a equivalencia ou homologación de titulacións deberá ser achegada polo aspirante, mediante certificación expedida para o efecto, polo organismo oficial competente.
7. Ter coñecemento do idioma galego que se acreditará co certificado do curso de perfeccionamento, Celga 4
ou equivalente.
Todos os requisitos esixidos deberán reunirse o día en que finalice o prazo de presentación de instancias e manterse durante toda a duración do proceso selectivo. Así mesmo, deberán posuírse durante o procedemento de selección ata o momento do nomeamento e deberán acreditarse formalmente con carácter previo.

Anuncio publicado en: Num BOP 29 año 2019 01/02/2019 13:18:56
04/02/2019 08:00:00

2.- Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, o Real Decreto 896/91, do 7 de xuño.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha04/02/2019

Nro. de páginas15

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728