Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 173 xoves, 30 de xullo de 2020

BOP Lugo
taxa farase en modelo normalizado de autoliquidación de Taxas e prezos públicos que se atopa a disposición das e dos interesados nas oficinas administrativas do Excmo. Concello de Lugo e na súa páxina web.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados dende o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
6º.- PROCESO SELECTIVO
As probas selectivas que deberán superar as persoas aspirantes á praza á que se refiren estas bases específicas son as seguintes:
A DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO
PRIMEIRO EXERCICIO, teórico: consistirá en contestar a un cuestionario de 40 preguntas con resposta curta, relativas tanto ao contido do programa de materias comúns como da parte de materias específicas. O tempo de realización será de dúas horas. O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, e será preciso acadar un mínimo de cinco puntos para superalo. Será eliminado o persoal aspirante que non o obteña.
O exercicio que propoña o tribunal terá catro preguntas máis de reserva, claramente identificadas como tales, que substituirán as preguntas que, se é o caso, puideran ser obxecto de anulación. As devanditas preguntas de reserva só serán valoradas no caso de que substitúan algunha outra que fora obxecto de anulación. Estas catro preguntas de reserva terán que ser contestadas dentro do tempo de dúas horas.
O temario de materias comúns intégrano catro temas, e figura na base décimo sexta das bases xerais xa mencionadas, que rexerán nos procesos para o acceso en propiedade a prazas pertencentes ao cadro de funcionarias/os e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda libre.

TERCEIRO EXERCICIO, práctico: resolución dun suposto práctico proposto polo tribunal relacionado coas funcións propias da praza redacción de documento administrativo con utilización do sistema informático utilizado polos servizos municipais. O tempo para a realización deste exercicio será de trinta minutos.
No anuncio de convocatoria deste exercicio, o tribunal determinará os medios materiais dos que deberán, ou poderán, ir provistas as persoas aspirantes para a súa realización.
Os exercicios obrigatorios e eliminatorios cualificaranse de apto ou non apto, e deberá acadarse unha puntuación mínima de 5 para a súa superación. Os exercicios que obteñan a cualificación de apto serán puntuados de 5 a 10 puntos.
B COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA
Acreditarase o coñecemento da lingua galega de acordo co establecido no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Realizarase unha proba de coñecemento da lingua galega que fixará o órgano de selección atendendo á categoría e ás funcións da praza. Este exercicio puntuarase como apto ou non apto.
Estarán exentos da realización deste exercicio aquelas persoas aspirantes que acheguen, no prazo regulamentario de presentación de solicitudes, o título CELGA 3 ou equivalente debidamente homologado, correspondente ao nivel de estudios esixidos para participar nas probas selectivas, segundo a Orde de 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014.
A cualificación final de cada aspirante será a resultante da suma das cualificacións de cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios.
7º.- PROGRAMA TEMARIO DE MATERIAS ESPECÍFICAS
Tema 1.- A organización municipal: principios fundamentais. Municipios de gran poboación e municipios de réxime común.
Tema 2.- Municipios de gran poboación: O Alcalde. Competencias. Forma de elección e cesamento.
Tema 3.- Municipios de gran poboación: as e os tenentes de Alcalde. A Xunta de Goberno Local: composición e atribucións.
Tema 4.- Municipios de gran poboación: O Concello Pleno. Composición e competencias. As comisións informativas.
Tema 5.- Réxime de sesións e acordos dos órganos colexiados locais.
Tema 6.- A potestade regulamentaria das entidades locais. Ordenanzas, regulamentos e bandos.

Anuncio publicado en: Num BOP 173 año 2020 30/07/2020
29/07/2020 08:00:00
11:25:41

SEGUNDO EXERCICIO, teórico: desenvolvemento, por escrito, de dous temas extraídos ao chou dos que integran a parte específica do programa. O tempo máximo para desenvolver o devandito exercicio será de 90
minutos. O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, e será preciso acadar un mínimo de cinco puntos para superalo. Serán eliminadas aquelas persoas aspirantes que non o obteñan.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/07/2020

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions