Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 173 xoves, 30 de xullo de 2020

BOP Lugo
- Grupo C, subgrupo C2, escala de Administración xeral quenda libre. Numero de vacantes: 2. Denominación:
Auxiliar Administrativo/a.
Dito acordo foi publicado no BOP de Lugo número 298, do 30 de decembro de 2017, e DOG número 77, do 20
de abril de 2018.
Visto que a Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria celebrada o día dez de xuño de dous mil vinte, adoptou, entre outros, o acordo 8/222 BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR
ADMINISTRATIVO/A PERTENCENTES AO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, QUENDA LIBRE OPE 2017.
Esta Concelleira, en base ás atribucións reservadas por acordo nº 28/452 da Xunta de Goberno Local celebrada en sesión ordinaria do día 17/07/2019, RESOLVE:
Primeiro.- Convocar o proceso selectivo para o acceso en propiedade a dúas prazas de Auxiliar Administrativo/a pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda libre OPE 2017, que se rexerá tanto polas BASES XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE FUNCIONARIAS/OS E PERSOAL
LABORAL DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, QUENDA LIBRE publicadas nos Boletíns Oficiais da Provincia de Lugo, nº 099, de data 2 de maio de 2017 e nº 274 do 29 de novembro de 2018, así como polas bases específicas aprobadas por acordo nº 8/222 da Xunta de Goberno Local deste Concello adoptado na súa sesión do 10.06.2020, que seguidamente se transcriben:

1º.- OBXECTO.- Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para o acceso, como funcionaria/o de carreira, a dúas prazas de Auxiliar Administrativa/o, do cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, en todo o que non estea previsto nas "BASES XERAIS PARA O
ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE FUNCIONARIAS/OS E PERSOAL LABORAL DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, QUENDA LIBRE", aprobadas pola Xunta de Goberno o 18 de xuño de 2008 e modificadas polo citado órgano en sesións do 18.02.2009, 26.12.2012, 23.01.2013, 15.10.2014, 22.03.2017 e 31.10.2018, sendo publicadas nos Boletíns Oficiais da Provincia de Lugo, nº 099, de data 2 de maio de 2017 e nº 274 do 29 de novembro de 2018.
O órgano competente da Corporación poderá adscribir as persoas aspirantes nomeadas, a través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional.
2º.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA
a Denominación da praza: Auxiliar Administrativa/o.
b Grupo de titulación: GRUPO C subgrupo C2
c Outras características:
- Escala: Administración xeral - Subescala: auxiliar 3º.- SISTEMA SELECTIVO. O sistema selectivo será o de oposición libre.
4º.- TITULACIÓN ESIXIDA PARA O ACCESO Á PRAZA
Estar en posesión do título de graduado escolar, graduado en ESO, titulación superior ou equivalente.
5º.- SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN
As solicitudes para participar no correspondente proceso selectivo haberán de axustarse ao modelo aprobado polo Excmo. Concello de Lugo.
As interesadas e interesados en participar nos correspondentes procesos selectivos deberán presentar instancia dirixida á Excma. Sra. Alcaldesa no Rexistro Xeral do Concello de Lugo; así mesmo, poderán remitirse na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas coa excepción establecida na súa disposición final sétima.
Ás solicitudes de participación deberá xuntárselles a seguinte documentación:
a Copia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados membros da Unión Europea.
b Copia auténtica da titulación esixida.
c Xustificante do ingreso dos dereitos de exame. As interesadas e interesados deberán unirlle á solicitude o xustificante de ter ingresados os dereitos de exame. As taxas por dereito de exame para este grupo están fixadas en 13,00 € de acordo coa Ordenanza fiscal número 119 vixente neste momento no Concello, téndose que estar en todo o relativo aos dereitos de exame co establecido na citada ordenanza. O aboamento da citada
Anuncio publicado en: Num BOP 173 año 2020 30/07/2020
29/07/2020 08:00:00
11:25:41

BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
PERTENCENTES AO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, QUENDA LIBRE
OPE 2017

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/07/2020

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions